MATRIA NO AUDITORIO DE CAMBADOS O SÁBADO 25 DE MARZO 

O director da película Matria, Álvaro Gago e parte do seu equipo, estará presente na proxección do filme no Auditorio da Xuventude de Cambados o sábado 25 de marzo, ás 19:30 horas. Así o comunicou esta mañá o concelleiro de Cultura, Tino Cordal. O público poderá adquirir as entradas unha hora antes do inicio da proxección, ás 18.30, […]

A exposición “El mundo del sello” chega a Cambados

A mostra poderá ser visitada polas familias na sala B do Pazo Torrado dende o 22 ata o 26 de marzo A sala B do Pazo torrado acolle ata o 26 de marzo a exposición itinerante “El mundo del sello”, organizada pola Federación Española de Sociedades Filatélicas e promovida polo Grupo Filatélico e de Coleccionismo […]

O PATRIMONIO DE CAMBADOS COMO RECURSO DIDÁCTICO

O Patrimonio Histórico e Cultural de Cambados vai ser o protagonista do curso de formación para mestres co obxectivo de desenvolver competencias profesionais cara a seleccionar, utilizar e elaborar actividades didácticas empregando os recursos ofertados polas instancias culturais locais.   Neste curso búscase coñecer diferentes propostas metodolóxicas en relación co aproveitamento didáctico das visitas e […]

CAMBADOS HOMENAXEA A SEUS DEPORTISTAS E CLUBES NA TERCEIRA GALA DO DEPORTE

O Concello de Cambados recupera a Gala do Deporte que se celebrará este sábado 18 de marzo no Auditorio da Xuventude a partir das 20.00 horas. Nesta terceira edición, con entrada de balde ata completar aforo, recoñecerase o traballo de máis de 40 deportistas e clubes do municipio, distribuidos en 14 categorías e seleccionados polo […]

O Foodtruck Da Campaña “Galicia Sabe AMar” Chega a Cambados

A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar, permitirá que a veciñanza aresá deguste gratuitamente produtos galegos do mar xusto diante da casa consistorial ao longo do mércores, 8 de marzo, e do xoves 9 de marzo de 12:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas. O concelleiro de Comercio, Fernando Patricio, informou esta mañá […]

BONOS DO DÍA DO PAI 2023

O Concello de Cambados e Cambados Zona Centro poñen marcha unha campaña denomidada Bonos Día do Pai 2023 que se vai a rexer polas seguintes bases. Os BONOS DO DÍA DO PAI 2023 intégranse no proxecto de dinamización  do tecido social e económico do Concello de Cambados, e co obxecto de reactivar os sectores comercial e hostaleiro, […]

CAMBADOS AGASALLA CON LIBROS E ROSAS PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O Concello vai repartir biografías de Rosalía de Castro nos colexios cambadeses e 20 libros e 20 rosas a cada unha das librarías cambadesas, que se entregarán de balde ás primeiras 20 persoas que merquen un libro en galego nalgún deses establecementos O Concello de Cambados únese un ano máis á celebración do Día de […]

CAMBADOS VOLVE NAMORAR

O Concello de Cambados, xunto coa asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña “Cambados Namora” coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2023. Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras “Cambados”, “Bicos”, “Amor” e “Love”, […]

OS REIS MAGOS CONTESTAN A TUA CARTA POR VÍDEO

1-Podes descargar a plantilla da carta na páxina web do Concello www.cambados.es ou nas redes sociais do Concello de Cambados. 2-Data límite para entregar a carta no buzón é o 30 de decembro 3-A carta debe levar o número de teléfono dos pais ou titores ao que chegará a mensaxe Real para os nenos 4-No […]

Novo prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, no Programa de Turismo para persoas maiores do IMSERSO

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que dende onte martes 13 de decembro de 2022, ábrese novamente o prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, no Programa de Turismo para persoas maiores. Por este motivo, todas as persoas interesadas en poder disfrutar das viaxes, que non estén dados de alta e […]