Concellaría de Xuventude
A concellaría de Xuventude desenvolve e coordina as accións destinadas á nosa mocidade. Traballamos para promover, apoiar e facilitar a realización das iniciativas que demanda a xente xove.
O colectivo xuvenil é especialmente activo, e ten unha serie de inquedanzas que aspira a materializar. Moitas desas inquedanzas non sempre se conseguen levar a cabo, quedando só en proxectos. Por eso nunca nos cansaremos de animar a todos esos xóvenes que comparten un soño, unha idea ou unha afición a que se unan e se asocien para levar adiante os seus intereses.
Dende a concellaría de Xuventude ofrecemos un espazo de encontro para que a mocidade poida acadar os seus obxectivos. Podemos axudar a desenvolver actividades, asesorar para a creación de asociacións, ofrecer formación en diversos eidos, e dar a información necesaria para desenvolver calquer proxecto.
Esta concellaría é unha porta aberta á participación, polo que animamos a toda a mocidade a poñerse en contacto con nós.
Concellaría de Novas Tecnoloxías
A concellaría de Novas Tecnoloxías está a levar a cabo un ambicioso proceso de modernización e transformación dixital do Concello. Nun mundo cada vez máis interconectado e no que calquera información está ao alcance da man, a administración debe estar sempre á vangarda, ofrecendo á cidadanía os mellores servizos.
Neste eido, o concello de Cambados conta cunha importante ferramenta de administración electrónica, que fai máis áxil e cómoda a relación dos veciños e veciñas co concello. Xa non é necesario desprazarse físicamente ás dependencias municipais para a maioría de trámites, cos inconvintes que esto supón en moitos casos: agora a maioría de trámites municipais poden facerse cómodamente dende calquera lugar, e sin depender de horarios, simplemente cun ordenador ou un teléfono móbil.
Outro dos campos nos que traballa esta concellaría é o de manter unha forte presencia na rede, cunha aposta decidida polas redes socias como vehículo áxil de comunicación entre o concello e a veciñanza. Non só se utilizan as redes para informar das novas e actividades municipais, ademáis tamén se empregan para que os veciños e veciñas nos poidan transmitir calquera dúbida, suxerencia ou incidencia e que esta poida ser resolta coa maior brevidade.
Ademáis das redes sociais, tamén contamos cunha ampla e variada oferta de páxinas web temáticas, para que os veciños e veciñas de Cambados disfruten da maior información sobre todo canto acontece no seu concello, atendendo a criterios de transparencia. Estes criterios foron os que levaron a transmitir en directo os plenos municipais, así como a implantar un portal de transparencia no que a veciñanza pode consultar os datos de interese sobre a xestión e funcionamento do concello.
Menu secundario
Interesante…
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Set | ||||||
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 |