A Deputación Provincial de Pontevedra ven de presentar a súa Guía de Comunicación Inclusiva, así como o seu primeiro regulamento de comunicación inclusiva. Na Deputación de Pontevedra estase implantando a perspectiva de xénero nos procesos de comunicación, tanto nas actuacións administrativas internas e externas coma nas relación coas persoas e as demáis organizacións e institucións. […]
Rematan as charlas sobre a separación e a reciclaxe no CEIP Antonio Magariños coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos. Esta campaña de sensibilización levouse a cabo en tódolos colexios de educación infantil e primaria do Concello. Foron impartidas por persoal especializado da empresa URBASER, encargada da recollida do lixo. Continuaremos con […]
O Salón Peña acollerá o sábado 2 de decembro o festival Albariño Can-Fest, actividade enmarcada dentro da programación de “Cambados Cidade Europea do Viño 2017”, e no que se recadarán fondos para o Refuxio de Animais de Cambados. Este festival contará co seguinte programa: 19:15 Apertura de portas 20:00 – 20:30 Innopiah 20:45 – 21:30 […]
O Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés programa unha serie de actividades durante os meses de novembro e decembro, para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero, o 25 de novembro. Estas actividades inclúen a lectura dun manifesto o vindeiro venres 24, ás 12:00 diante do Concello, á cal convidamos […]
Mañá mércores, 22 de novembro, terá lugar no Auditorio Municipal da Xuventude a presentación do libro “Breve historia de Cambados”,de Jacobo Domínguez Pedreira. O acto contará coa participación da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do deputado de Cultura e Lingua Xosé Leal.
Todos aqueles que teñan dúbidas sobre a súa factura eléctrica ou queiran saber as claves para aforrar nos consumos e coñecer cómo optar ao novo Bono Social teñen unha importante cita de asesoramento. Será o vindeiro xoves 23 en Exposalnés, en Cambados, ás 20.30 horas. Un encontro no que se abordarán temas como os que […]
O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. A violencia […]
Esta tarde, a partires das 20:00 h na sala de exposicións de Exposalnés, inaugúrase a exposición de Lino Silva “de paisaxes, rúas e bares”, que poderá ser visitada ata o 21 de xaneiro