Recoñecido como Capital do Viño Albariño, tamén o é por ser o único porto de Galicia onde se permite a extracción de vieira, sendo este molusco outro produto estrela da vila, ao que se dedican unhas xornadas de exaltación na época estival. A ría de Arousa, a máis extensa de Galicia, é moi rica en peixes e mariscos. Cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á lonxa cambadesa os mellores produtos do litoral, onde os restaurantes adquírenos para elaborar os seus exquisitos menús.

Cambados conta con numerosas taperías, marisquerías e restaurantes de longa tradición, aos que se van unindo outros de cociña elaborada e de deseño. Todos utilizan sempre os mellores produtos do mercado, os máis frescos e os de mellor calidade.

O viño albariño, o peixe, o marisco, as conservas e os produtos da horta son imprescindibles para os nosos restauradores, quen logran que os padais máis esixentes recorden Cambados como un lugar onde comer non é unha necesidade, senón un pracer.

Loading…

A HORTA DE CAMBADOS

SABOROSOS

O sabor dos tomates acabados de coller, logo de medrar nunha terra rica, é difícil de esquecer.

A calidade que atopamos nas verduras e os legumes da Horta de Cambados débese aos beneficios dun microclima especial do que goza a comarca, onde a axeitada combinación de sol e auga consegue a fórmula exacta para que a terra produza os froitos máis saborosos.

NUTRITIVOS

Os productos da horta, consumidos en cru, son unha gran fonte de vitaminas, minerais, fibra e antioxidantes. O seu consumo diario é unha das principais características da dieta mediterránea, un dos piares da pirámide alimentaria, e contribúe a manter un modo de vida san e equilibrado.

Nunha dieta saudable recoméndase un consumo mínimo diario duns 400 gramos de hortalizas, e sempre é mellor escoller as de tempada.

FRESCOS

Os produtos da nosa horta son recollidos diariamente nas pequenas explotacións agrícolas espalladas por todo o municipio e distribuídos de xeito inmediato a todo o Salnés. Día a día, dende aquí saen verduras e hortalizas que chegan en óptimas condicións aos mercados e tendas, logo dun proceso de produción baseado no cultivo tradicional galego, que aposta polo coidado da terra sen présas e do xeito máis natural posible, para conseguir sempre a mellor calidade.

SUXESTIÓNS E TRUCOS DE COCIÑA:

Feixón

A mellor época para consumir feixón é na primavera e no verán.
Recoñecerá os máis frescos pola súa cor verde intensa e a súa firmeza. Se ao tentar partir un ve que se dobra sen romper, saberá que non está fresco.

Leituga

Sabía que as follas externas de leituga son as que gardan maior cantidade de vitaminas e minerais?
Para conservala na casa, un bo truco é gardala nun envase de plástico e engadir unha manchea de garavanzos, que absorberán a humidade e farán que a leituga dure moito máis.

Pementos de Padrón

Para recoñecer a súa frescura hai que mirar o estado do talo. Se é verde e firme, o pemento acaba de ser recollido.
Na casa, é bo gardalos na neveira dentro dunha bolsa de plástico perforada, e durarán ata 15 días.

Tomates

Para pelar facilmente un tomate, introdúzao uns segundos en auga fervendo e logo en auga fría.
Fágalle logo un corte e verá que fácil sae a pel.
Para maduralos, introdúzaos nunha bolsa de papel cun par de mazás maduras. En dous días estarán listos para comer.

Loading…

RECETARIO ZAMBURIÑAS:

Visitando o seguinte enlace poderás consultar diferentes modos de preparación de un producto estrela cómo son as zamburiñas.

CONSULTAR RECETARIO ZAMBURIÑAS

RECETARIO VIEIRAS:

Visitando o seguinte enlace poderás consultar diferentes modos de preparación de un producto estrela cómo son as vieiras e as vieiras.

CONSULTAR RECETARIO ZAMBURIÑAS

CAMBADOS, CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017