
Fefiñáns actívase co Mercado da Imaxe
Nesta fin de semana, o sábado 11 e o domingo día 12, a Praza de Fefiñáns, será a capital da oferta cultural, artesana e dos oficios emerxentes coa quinta edición do Mercado da Imaxe que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados. Seguindo o modelo de recuperación de Fefiñáns para usos públicos o evento organízase en dúas partes, na Praza instalaranse os postos de artesanía, oficios, artistas e creación contemporánea, mentres que na alameda de Fefiñáns desenvolveránse as actividades culturais complementarias. O evento foi presentado por Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura do Concello de Cambados e polo director de Lobisome Producións, Antón Mascato, entidade colaboradora na loxística deste certame. Caamaño Rivas, referíuse á nova convocatoria con palabras eloxiosas “volvemos reunir no extraordinario espazo da Praza de Fefiñáns, un gran evento lúdico e festivo, con diversas manifestacións de arte, fotografía, artistas gráficos, deseñadores de roupa e complementos, libro, disco e audiovisual, xentes da cultura, creativos e deseñadores de xogo, xoguetes e títeres… na convicción de que é unha oportunidade para facer visible a dinamización social, cultural e económica que pretendemos dende o goberno municipal”. O concelleiro afirmou que está traballando en futuros proxectos de dinamización cultural e social da Praza, que incidirán […]

Exemplo Taboleiro Anuncios
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nam suscipit enim tempor, aliquet tellus in, iaculis mauris. Donec semper ultricies sapien eget vestibulum. Sed a lorem eget nibh facilisis consectetur quis sit amet magna. Donec magna arcu, imperdiet porta nunc bibendum, ullamcorper placerat metus. Integer aliquet interdum nisl, in sodales tellus bibendum nec. Aliquam sapien neque, auctor vitae interdum in, commodo ut massa. Proin venenatis nulla et massa sodales cursus sit amet ut elit.