- Lecer
O paseo marítimo de Cambados, é moi frecuentado polos cambadeses e turistas, camiñando ou en bicicleta. Percorre, en aproximadamente dous quilómetros, a costa das tres antigas vilas de Fefiñáns, Cambados e San Tomé.
Cambados conta cun pequeno porto deportivo que goza das comodidades que require a práctica de deportes náuticos.
Desde o porto de San Tomé, realízanse rutas en kaiak pola costa de Cambados durante os meses de verán.
Subindo as escaleiras ao monte da Pastora, atopámonos cun pequeno parque infantil, unha pequena fonte de auga potable, un cruceiro e a capela da Pastora, onde se celebra anualmente a romaría dedicada a esta virxe.
Os amantes do deporte atopan aquí unhas excelentes instalacións para a práctica de deportes a cuberto, tales como baloncesto, balonmán, voleibol, etc… e un ximnasio, ao que se pode asistir de forma libre ou mediante clases con monitor.
Situada no pavillón polideportivo de O Pombal, conta cunhas modernas instalacións que albergan a piscina climatizada, con cuberta corrediza adaptable á climatoloxía.
Acolle numerosas actividades culturais ao longo de todo o ano, como obras de teatro infantís e para adultos, monólogos, pequenos concertos… ademais de cursos e congresos.
Nestas dependencias sitúase a oficina da OMIX do Concello (Oficina Municipal de Información Xuvenil), que se encarga do desenvolvemento de actividades de tempo libre e a organización de cursos durante todo o ano.
Sitúase nunha fermosa casa restaurada do s. XIX onde os seus usuarios poden gozar da prensa diaria, a lectura de libros, do estudo e consulta de manuais e enciclopedias.
Situado na rúa Príncipe, este antigo pazo do s. XVIII, foi adquirido polo Concello e utilízase na actualidade como sala de exposicións temporais. As mostras son principalmente de pintura, escultura e fotografía.