Benvid@!
Ola, o primeiro darte as grazas por pararte neste espazo virtual da área de Benestar Social Municipal, un instrumento que agardamos resolva algunha das túas dúbidas en relación co noso departamento.
Nesta páxina tratamos de volcar o máximo de información que nos permite o actual desenvolvemento do sistema virtual municipal, algo que pouco a pouco esperamos irá mellorando ata convertir esta web no referente da xestión dos recursos municipais destinados ás políticas de benestar, presididas polo concepto de proximidade e calidade como toda a nosa política de benestar.
Somos conscientes de que boa parte do noso traballo precisa do contacto persoal, da consulta directa entre as persoas que utilizan os servizos e os profesionais que os prestan, polo que ningún sistema non presencial pode substituir este contacto humano. Pero existe moita información que poñemos á túa disposición a través desta web para facilitarche as cousas na medida do posible.
Sen máis, envíoche un cordial saúdo.
Tino Cordal.
Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade do Concello de Cambados.
Quen somos e onde estamos?
Somos un equipo multidisciplinar que cada día traballamos ao servizo da cidadanía cambadesa para lograr ofertar uns Servizos Sociais de calidade, tendo en conta a complexidade técnica de cada un dos temas que se tratan no noso departamento; dende aquí o noso compromiso para mellorar.
- Dirección: Rúa Ourense nº8, terceira planta
- Teléfono: (información e cita previa): 986 52 05 10
- Correo electrónico: sscambados@cambados.es
- Horario de atención ao público: luns, mércores e xoves de 9:00 a 13:00 horas
Servizos Sociais Comunitarios Básicos:
Teñen carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais co que se garante a universalidade do sitema e a súa proximidade ás persoas usuarias, ás familias e ao ámbito comunitario.
Desenvólvense desde os centros de servizos sociais de carácter polivalente, mediante equipos interdisciplinares e/ou persoal especializado.
Normativa de referencia: decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios (DOG nº 63 de 30/03/2012).
Natureza, requisitos, funcións, programas e servizos dos servizos comunitarios básicos: arts. 6, 7 8 e 9 do decreto 99/2012, do 16 de marzo.
Destinatarios:
- Persoas e familias residentes no termo municipal de Cambados.
Recursos materiais:
Dúas UTAS (unidades municipais de atención social) divididas por zonas de atención.
- Espazos separados que permiten a privacidade nas entrevistas e reunións necesarias para a intervención social individualizada.
- Espazos de reunións grupais.
- Atención adaptada para persoas con mobilidade reducida.
- Conexión telefónica e a internet.
- Medios e dispositivos para o arquivo e custodia dos expedientes de acordo cos requisitos de confidencialidade da normativa de aplicación sobre protección de datos de carácter persoal.
Recursos humanos:
- Unha directora e coordinadora do departamento (traballadora social): María Casal.
- Unha traballadora social (dúas UTAS: unidades de traballo social divididas por zonas): Begoña Sobrido.
- Unha educadora familiar: Paula Villarejo.
- Un auxiliar administrativo: Fernando Betanzos.
Unidade administrativa:
Este é o punto de partida do noso departamento: aquí comeza o primeiro contacto da cidadanía con nós, é onde se efectúa a recepción e canalización das persoas que acceden ao noso centro, e se lles da información sobre o funcionamento do servizo e recursos que ofertamos así como as correspondentes citas coa unidade técnica correspondente dependendo da zona onde vivan ou da cuestión a tratar. Tamén poden pedir cita telefónica.
Unidades técnicas:
Unha vez que se derivan os casos á correspondente unidade de traballo social para que os profesionais de referencia traballen con eles coa fin de poder avaliar, asesorar, e intervir na oferta e tramitación dos recursos máis axeitados, coa intención de realizar unha atención integral e de calidade, expoñemos os principais programas dentro do ámbito dos SS.SS. Comunitarios:
-
Programa de valoración, orientación e información en materia social (clic para acceder)
-
Programa de apoio á unidade de convivencia (clic para acceder)
-
Programas de inserción social (clic para acceder)
-
Programas da terceira idade (clic para acceder)
-
Dependencia/discapacidade (clic para acceder)
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Set | ||||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |