Información
- As competencias desta área consisten na promoción e xestión das infraestruturas culturais como a biblioteca municipal, as axencias de lectura parroquiais, os museos, as salas de exposición e os espazos destinados á realización das actividades lúdicas. Así mesmo compete a esta área a programación cultural e organización dos diferentes eventos lúdicos municipais.
- No referente ao deporte, este departamento será o responsable da xestión das infraestruturas deportivas municipais e da programación de diferentes eventos deportivos e velará, especialmente, pola promoción do deporte de base.
- Así mesmo, desta concellaría dependerá o mantemento das instalacións educativas de competencia municipal. Igualmente será o responsable da constitución e funcionamento do Consello Escolar Municipal e elaborará propostas de actividades educativas vinculadas coa área cultural do Concello e con diferentes eventos culturais.
- Por último esta área velará pola promoción e boa utilización do idioma galego na actividade diaria do Concello de Cambados.
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Mai | ||||||
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |