BONOS DO DÍA DO PAI 2023

BONOS DO DÍA DO PAI 2023

O Concello de Cambados e Cambados Zona Centro poñen marcha unha campaña denomidada Bonos Día do Pai 2023 que se vai a rexer polas seguintes bases.

Os BONOS DO DÍA DO PAI 2023 intégranse no proxecto de dinamización  do tecido social e económico do Concello de Cambados, e co obxecto de reactivar os sectores comercial e hostaleiro, incentivando para elo a compra nos negocios de proximidade, para a superación dos efectos económicos negativos derivados da pandemia provocada polo COVID-19 así como da crise dos prezos das materias primas orixinada polo guerra de Ucarína.

A través Concellería de Comercio ponse en marcha unha campaña consistente na emisión de vales compra para o seu consumo nos negocios, establecementos comerciais e hostaleiros de Cambados, que contará coa colaboración da cidadanía para a revitalización da actividade económica local.

O Concello de Cambados aportará para esta campaña, a cantidade de 6.000 euros para a emisión dunha partida de 600 lotes de vales compra por valor de 30 € cada un deles, repartidos en 3 vales compra por valor de 10 euros cada un. Deste xeito, asegúrase un investimento de 18.000 Euros que recaerán directamente nos negocios, establecementos comerciais e locais de hostalería de Cambados.

O custo de adquisición para os cidadáns será de 20 €, asumindo por tanto o concello a cantidade de 10 € por lote.

O prazo para gastar os vales, será do 13 de marzo ao 15 de abril de 2023, ambos inclusive.

–   Cada lote de vales compra terá un valor de 30 €, divido en 3 vales de 10 €.

–   O custo de adquisición do lote de vales compra para a público é de 20 €.

–   Aforro: 10 €.

–   Número de lotes: 600.

–   Os vales non son cambiables por diñeiro en efectivo, nin se devolverá cambio no caso de que o importe da compra sexa inferior ao importe do vale.

–   No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución de diñeiro en efectivo.

–   Número máximo de lotes de vales por DNI ou NIE: 2 lotes.

–   Os clientes deberán presentar os DNI orixinais no momento da compra.

–   Non poderán adquirirse vales por medio de DNI de menores de 16 anos.

–   Os vales compra poderán acumularse ata un máximo de 60 € (6 vales).

–   Data límite de uso dos vales: 15 de abril de 2023.

–   A adquisición dos vales realizarase fisicamente nos seguintes puntos de venda:

  • As oficinas da asociación Cambados Zona Centro

Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02   ext. #742

  • Seguros Juan Rey

Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86

Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través a páxina web www.cambadoszonacentro.com

SOLICITUDE E PROCESO DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA DOS COMERCIOS

Os establecementos interesados en participar, deberán cumprimentar e presentar ata o 11 de marzo o documento de adhesión á campaña que estará á súa disposición no rexistro do Concello e nas oficinas da asociación Cambados Zona Centro, que irá acompañado da seguinte documentación:

  • Fotocopia do NIF/CIF da persoa física ou xurídica titular da actividade.
  • Fotocopia do NIF/CIF da persoa representante.
  • Certificado de situación censal no IAE.
  • Último recibo de autónomos de que se dispoña.
  • Certificado da titularidade da conta bancaria.
  • Outra documentación: a organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario.