O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que dende onte martes 13 de decembro de 2022, ábrese novamente o prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, no Programa de Turismo para persoas maiores.
Por este motivo, todas as persoas interesadas en poder disfrutar das viaxes, que non estén dados de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cumprimentar a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orden SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Imserso, esto é:
- De forma preferente, a través da sede electrónica do Imserso.
- En calquera dos rexistros e oficinas relacionadas no artigo 7 da Orden SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o programa de Turismo do Imserso.
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORRECOS 10.140, 28080 MADRID.
A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida dictar a Resolución que acredite a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as plazas dispoñibles.