MATRIA NO AUDITORIO DE CAMBADOS O SÁBADO 25 DE MARZO 

MATRIA NO AUDITORIO DE CAMBADOS O SÁBADO 25 DE MARZO 

O director da película Matria, Álvaro Gago e parte do seu equipo, estará presente na proxección do filme no Auditorio da Xuventude de Cambados o sábado 25 de marzo, ás 19:30 horas. Así o comunicou esta mañá o concelleiro de Cultura, Tino Cordal. O público poderá adquirir as entradas unha hora antes do inicio da proxección, ás 18.30, a un prezo de 3,50 euros.

A película de Álvaro Gago foi rodada na comarca do Salnés e tamén inclúe escenas na parroquia cambadesa de Corvillón. Matria é un drama social situado en Galicia que supón a primeira aventura na longametraxe do cineasta Álvaro Gago Díaz. Unha película que leva ao formato longo unha curtametraxe co mesmo nome dirixido polopropio Gago no ano 2017, protagonizada por unha muller de clase traballadora e nai, entrada na corentena, que loita por sobrevivir. A protagonista do filme, Ramona, vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas cunha supervisora abusiva. Ante os desafíos da súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e á súa neta.

O reparto está composto, entre outros, por María Vázquez (“Apagón”), a protagonista principal, Santi Prego (“Código emperador”) e Soraya Luaces, que debuta nalongametraxe. Matria, que está rodada en galego, tivo a súa pre-estrea no pasado Festival de Berlín. Ademais de formar parte da Sección Oficial do Festival de Cine de Málaga. A súa estrea en salas de cine realízase esta mesma fin de semana na que vai ser proxectada no Auditorio da Xuventude de Cambados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.