En Cambados podemos atopar varios museos como o Museo Etnográfico e do Viño, a Casa Museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, ou o Muíño de Mareas da Seca.
- Museos
Av. da Pastora, 104
Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, xunto ás Ruínas de Santa Mariña Dozo, atopamos o Museo Etnográfico e do Viño, que é o primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España.
Rúa Novedades, 13
Ramón Cabanillas naceu no ano 1876 nunha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, que foi rehabilitada e transformada en casa museo e aberta ao público o 28 de xullo de 1998.
Tragove, Corvillón
O Museo do Muíño de Mareas da Seca está situado na parroquia cambadesa de San Mamede de Corvillón, entre Tragove e Fefiñáns.