Esta ruta levaranos desde a espectacular panorámica da ría de Arousa, no monte da Pastora, ata a visión máis natural dos xuncos, entrando nas marxes do río Umia na súa desembocadura.
Acceso Para chegar á ruta dos Lavancos deberemos seguir a comarcal C-550 Cambados-O Grove e no punto quilométrico 5,800 colleremos o desvío cara ao Facho. Colleremos o mesmo acceso para a ruta dos Mazaricos, pero no Facho haberá que seguir un novo…
A ruta dos Lavancos transcorre pola beira da enseada desde o lugar do Facho ata Correlo, onde nos adentraremos na desembocadura do río Umia para volver polo camiño interior entre piñeiros e cultivos de albariño.
Ao longo das dúas horas que dura o percorrido a marea subirá ou baixará, de modo que teremos unha visión distinta da enseada, e da súa flora e fauna, segundo sexa o seu estado.