A mostra poderá ser visitada polas familias na sala B do Pazo Torrado dende o 22 ata o 26 de marzo
A sala B do Pazo torrado acolle ata o 26 de marzo a exposición itinerante “El mundo del sello”, organizada pola Federación Española de Sociedades Filatélicas e promovida polo Grupo Filatélico e de Coleccionismo Noulas, de Nules; co respaldo de Correos.
A mostra sobre o mundo dos selos fai en Cambados unha parada e a súa intención é a de divulgar entre os máis novos non só que é o selo postal, senón tamén o seu papel como transmisor e nexo de cultura, historia, arte e coñecementos, así como unha oportunidade de dar a coñecer aos mozos a cultura a través dos selos, que forman parte da historia dos nosos pais e avós.