O Concello de Cambados recupera a Gala do Deporte que se celebrará este sábado 18 de marzo no Auditorio da Xuventude a partir das 20.00 horas.
Nesta terceira edición, con entrada de balde ata completar aforo, recoñecerase o traballo de máis de 40 deportistas e clubes do municipio, distribuidos en 14 categorías e seleccionados polo xurado entre 60 candidaturas.
Ademáis, tamén se entregarán tres mencións especiais aos expresidentes do Club Juventud de Cambados, José González Crespo “Suso”, José Prado Acha “Xepe” e ox-xogador Benito González Sanisidro “Millan”.
O evento foi presentado este martes polo Concelleiro de Deportes, Fernando Patricio, e o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal.
Na Gala entregaránse 14 premios, elixidos por un xurado composto polos xornalistas dos catro medios de comunicación que cobren a información deportiva da vila de Cambados. Cada premio contará con tres nominados, cada un dos cales recibirá cadanseu agasallo.
As categorías en lid son as seguintes: mellores deportistas masculino e feminina, promesa masculino, promesa feminina, veterano masculino, veterana feminina, adestrador, adestradora, mellor equipo dunha entidade, mellor club, mellor escola deportiva e, neste caso sen tres finalistas por categoría, senón cun gañador directo, recoñeceránse o mellor patrocinio e colaborador co deporte, a traxectoria deportiva e o mellor evento do ano celebrado durante o 2022 na vila do albariño.
NOMINADOS AOS DIFERENTES PREMIOS DA GALA
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO
Amadeo Abal Chaves (P. Castellón)
Pablo López (Team PGZ)
Ángel Sánchez Rebollido (Mortágua)
MELLOR DEPORTISTA FEMININA
Celia Castro Padín (A. Atlética Mazí)
Ángela Oubiña Outeda (XAV)
Carla Ribadomar Rodiño (Xuven C.)
MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO
Brais Feijóo Cacabelos (Innae)
Hugo Cordal (C. Atletismo Cambados)
Alexandre Oubiña (C.J. Cambados)
MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA
Uxía Rodríguez Fernández (E.X. Burgas)
Sofía Parada Piñeiro (C.P. Cambados)
Daniela Bayón (C. Atletismo Cambados)
MELLOR DEPORTISTA VETERANO MASCULINO
Benito Iglesias (Cambados Tenis Mesa)
Ramón Padín (Cambados Tenis Mesa)
Santiago Falcón (C. Atletismo Cambados)
MELLOR DEPORTISTA VETERANA FEMININA
Lupe Vilar (C. Atletismo Cambados)
Araceli Bugallo (Compostela Esgrima)
Rosi Serantes (Judo Club Senín)
MELLOR ADESTRADOR
Joaquín Rodiño (C. Atletismo Cambados)
Manuel Serén (Xuventude Cambados)
Blas Charlín
MELLOR ADESTRADORA
Noelia Gómez Fabello (Innae)
Mariel Oubiña Vázquez (XAV)
Araceli Bugallo (Asoc. Vilagarcía Esgrima)
MELLOR EQUIPO DUNHA ENTIDADE
Cambados Tenis Mesa Veteranos
Promesas feminino C.J. Cambados
Albariño Veteranos
MELLOR CLUB
Club Taekuondo Innae Cambados
Club Atletismo Cambados-Seguros Noval
XAV Cambados
MELLOR ESCOLA DEPORTIVA
Club Atletismo Cambados
XAV Cambados
Club Taekuondo Innae Cambados
MENCIÓNS ESPECIAIS *
Jesús González Crespo «Suso»
José Prado Acha, «Xepe»
Benito González Sanisidro, «Millán»
* Expresidentes e Ex-xogador do Club Juventud Cambados
Na gala entregaránse ademais cadanseu premio ao Mellor patrocinio e colaborador co deporte, á Traxectoria deportiva e ao Mellor evento do ano.
