Bases do concurso do cartel para a LXVI Festa do Albariño

A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXVI Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª.Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª.Carteis: Os orixinais deberán ser inéditos e […]

Xornadas de portas abertas da escola de Música e do Conservatorio

Durante a semana do 23 ao 27 de abril, a Escola Municipal de Música e o Conservatorio celebran as súas xornadas de portas abertas. E o 3 de maio, a banda de música xuvenil ofrece un concerto didáctico cunha batalla de estilos e instrumentos, clásicos e actuáis.

Exposición de Soledad Penalta: “cal é a carga precisa da pregunta?”

O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición de escultura de Soledad Penalta: “cal é a carga precisa da pregunta?”, que terá lugar o venres 13 de abril. A mostra poderá ser visitada no espazo de exposicións de Torrado entre o 13 de abril e o 3 de xuño, de martes a […]

Actuación do coro Amicorum Musicae

Desde a súa creación no mes de xaneiro do 2017, Amicorum Musiace preséntase como un coro cun novo estilo, xurdido da amizade reencontrada dos seu máis de 90 membros tras moitos anos de dispersión, e que ademais constitúese como asociación musical coa fin, entre outras, de fomentar e difundir o patrimonio musical español e asturiano. […]

Representación da ópera Rita no Auditorio Municipal

O vindeiro mércores 7 de marzo, ás 20:30h o Auditorio Municipal da Xuventude acollerá a representación da ópera Rita, de Donizetti, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Esta ópera cómica, nun acto, so terá 4 funcións en Galicia: Santiago de Compostela, Noia e Cambados. A entrada é libre ata completar aforo.

II Mostra Internacional da Camelia

Un ano máis celebramos a Mostra Internacional da Camelia en Cambados, este ano xa na segunda edición. O Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados, convidámosvos a todos/as a participar e visitar os días 3 e 4 de marzo o Salón de Congresos José Peña para promocionar […]