CAMBADOS VOLVE NAMORAR

CAMBADOS VOLVE NAMORAR

O Concello de Cambados, xunto coa asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña “Cambados Namora” coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2023.

Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras “Cambados”“Bicos”“Amor” e “Love”, que servirán como escenario para conseguir un dos premios da campaña.

Bases da Campaña
1.- A presente promoción ten por obxecto a promoción e a dinamización do comercio e hostalerías locais
de cara a celebración do Dia dos Namorados, e celebrarase do 9 ao 14 de febreiro de 2023 (ambos
incluídos). A presente campaña pretende premiar a fidelidade dos nosos clientes, ofertándolle un
atractivo para percorrer as rúas da nosa vila así como promocionando e incentivando as compras nos
establecementos asociados.
2.- Durante os dias de celebración da campaña, colocaranse, en diferentes puntos da vila, letreiros coas
palabras: “CAMBADOS”, “BICOS”, “AMOR, e “LOVE”.
3.- Aquelas persoas que estean interesadas en participar na presente promoción, deberán subir unha foto
ás diferentes redes sociais (facebook, instagram e/ou twiter), co hashtag #cambadosnamora.
4.- Entre todas as publicacións sortearanse os seguintes premios:

  • 3 ceas para dúas persoas (valoradas en 60 € cada unha delas).
  • 4 lotes de viño da adega “Paco e Lola”.
  • 1 entrada de parella para o taller de cociña “Especial San Valentín” organizado pola adega
    “Paco e Lola”.

5.- O sorteo, así como a publicación dos gañadores, realizarase o mércores 15 de febreiro as 13:00 horas
na sede da asociación (rúa Nova, 4 • Cambados).
6.- A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.