NATURGY INFORMA DE CORTES DE SUBMINISTRO ELECTRICO NO POLIGONO INDUSTRIAL DE CAMBADOS

A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) enviou unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento na rede eléctrica, o que podería provocar cortes de enerxía o 23 de agosto de 2020, no Polígono Industrial de Sete Pías. Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da […]

A BIBLIOTECA LUÍS REI ESTARÁ PECHADA O LUNS 10 DE AGOSTO POR OBRAS NA CUBERTA

A Biblioteca Municipal Luís Rei estará pechada o vindeiro luns 10 de agosto debido ao inicio das obras de reparación da cuberta, o que implica a instalacións de estadas na fachada. O martes 11 xa abrirá de novo as portas ao público. Aínda así as obras durarán arredor dun mes, un período durante o cal […]

CONCERTO DE JAZZ NA PRAZA DE FEFIÑÁNS O DOMINGO 9 DE AGOSTO

O Concello de Cambados organiza dentro da súa programación do verán un concerto de jazz a cargo da banda Jazz Frequency Group. Será este domingo 9 de agosto ás 21 horas na Praza de Fefiñáns, con entrada gratuíta ata completar aforo. O concerto contará con todas as medidas de seguridade e hixiene que as circunstancias […]

OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

O concello de Cambados contrata a través da Deputación Provincial dúas persoas para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo. O periodo de contratación é do 17 de xullo de 2020 ata o 31 de decembro do mesmo ano

SERVIZOS SOCIAIS FRONTE A COVID-19

A Xunta de Galicia pon en marcha un Servizo Temporal Extraordinario de axuda no fogar para a atención TEMPORAL e URXENTE de todas as persoas que o precisen durante o mantemento da situación  do Estado de alarma e emerxencia sanitaria motivada polo COVID-19. A asignación de horas para este servizo temporal que lle corresponden ao […]

ENTROIDO EN CAMBADOS 2020

O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades organizadas para o Entroido, do 21 ao 26 de febreiro, no que se distribuirán máis de 7.500 euros en premios. Os festexos comezarán o venres 21 coa parodia do concurso “A Túa cara sóame” dende as 22:30 na Praza de Alfredo Brañas. O sábado pola tarde […]