A BIBLIOTECA LUÍS REI ESTARÁ PECHADA O LUNS 10 DE AGOSTO POR OBRAS NA CUBERTA

A BIBLIOTECA LUÍS REI ESTARÁ PECHADA O LUNS 10 DE AGOSTO POR OBRAS NA CUBERTA

A Biblioteca Municipal Luís Rei estará pechada o vindeiro luns 10 de agosto debido ao inicio das obras de reparación da cuberta, o que implica a instalacións de estadas na fachada. O martes 11 xa abrirá de novo as portas ao público. Aínda así as obras durarán arredor dun mes, un período durante o cal é posible que os usuarios e usuarias da biblioteca sintan algún ruído na mesma.

Con todo, por parte da Concellería de Cultura, dirixida por Tino Cordal, decidiuse que, a pesar das molestias que poida ocasionarlles aos usuarios e usuarias, é mellor mantela aberta nestas condicións que pechada durante varias semanas. Ademais, permitirase a lectura nos espazos exteriores se así o desexan quen visite a biblioteca neste mes de agosto. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.