NATURGY INFORMA DE CORTES DE SUBMINISTRO ELECTRICO NO POLIGONO INDUSTRIAL DE CAMBADOS

NATURGY INFORMA DE CORTES DE SUBMINISTRO ELECTRICO NO POLIGONO INDUSTRIAL DE CAMBADOS

A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) enviou unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento na rede eléctrica, o que podería provocar cortes de enerxía o 23 de agosto de 2020, no Polígono Industrial de Sete Pías.

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración do Polígono Industrial Sete Pías, a empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) ven de informar que o próximo día 23 de agosto de 2020, de 10:30 a 12:30 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares: POLIGONO INDUSTRIAL SETE PIAS Parcelas Nº 1, 3, 5, 10, 30, 34, 35, 41, 50, 52, 55 A 58, 60, 63, 67, 86, 88, 90, 91, 9998.

A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) tamén informou que estes traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica do Polígono Industrial Sete Pías, van provocar interrupcións na subministración de electricidade nas parcelas 5 e 7 do Polígono Industrial o mesmo día 23 de agosto de 2020, pero en horario de 8:00 a 10:00 horas.

Tanto dende a empresa subministradora como dende o Concello de Cambados, rogamos desculpen as molestias e informáselle aos usuarios afectados que para calquera aclaración ao respecto poden poñerse en contacto coa empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) no telefono 900 333 999

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.