SERVIZOS SOCIAIS FRONTE A COVID-19

A Xunta de Galicia pon en marcha un Servizo Temporal Extraordinario de axuda no fogar para a atención TEMPORAL e URXENTE de todas as persoas que o precisen durante o mantemento da situación  do Estado de alarma e emerxencia sanitaria motivada polo COVID-19.

A asignación de horas para este servizo temporal que lle corresponden ao Concello de Cambados, é de 1.566 horas/mes, tendo  unha vixencia dende o pasado día 14/03/2020 ata o 30 de novembro de 2020, chegando a disponer das horas que a continuación se especifican.

 Este servizo  está destinado fundamentalmente a persoas maiores que vivan soas ou se atopen en situación de risco e/ou especial vulnerabilidade., o mesmo extendeuse ata o dia 30 de novembro, data na que se extinguen todos os servizos nesta modalidade.

Dadas as circunstancias do momento actual, exímese do copago ás persoas usuarias. A Xunta de Galicia aboa a cantidade fixa de 12 euros/hora por prestación efectiva do servizo, correspondendo ao Concello o pago da cuantía restante (dende os 12 euros  ata os 15,85 euros/hora que se aboan á empresa adxudicataria  do servizo) sendo parte de esta cuantía a que se solicita con cargo a subvención da Deputación de Pontevedra.

HORAS TOTAIS PRESTADAS POR MES

-HORAS  saf ext. covid mes de ABRIL :165,66

-HORAS  saf ext. covid mes de MAIO : 351

-HORAS saf  covid mes XUÑO:370

-HORAS saf  covid mes XULLO :347

-HORAS  saf covid mes AGOSTO:242

-HORAS  saf covid mes SETEMBRO:165

-HORAS TOTAIS saf covid mes de OUTUBRO:170

TOTALES :1810,66  horas

O concello abona 3,85 euros hora máis o IVE (4%)

A segunda tipoloxía, pola que tamén se solicita axuda da Deputación de Pontevedra, vai destiñada á  atención a persoas que se atopen en situación de risco e/ou especial vulnerabilidade, se emitiron vales canxeables para dar cobertura necesidades básicas de alimentación e hixiene e adquisición de produtos de primeira necesidade para atender as necesidades dos colectivos en situación de risco/vulnerabilidade derivados da pandemia, non sendo posible durante o reparto de alimentos habitual, tratando polo tanto de dar  resposta a situacións de grave emerxencia, tras a declaración do estado de alarma.

Resumo:

-Vales canxeables  1º  mes   :   5.159,24 €

-Vales Canxeables  2º mes    :   5.266,72 €

-Vales canxeables  3º mes     :   5.397,06 €

Total gastado en vales canxeables durante o estado de alarma:15.823,02€