A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) enviou unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento na rede eléctrica, o que podería provocar cortes de enerxía o 30 de agosto de 2020, nos lugares de Fornos e Sameiro na Parroquia de Vilariño
Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración do Polígono Industrial Sete Pías, a empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) ven de informar que o próximo día 30 de agosto de 2020, de 10:30 a 13:30 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
FORNOS (FORNOS Nº 5, 68, 70, 72). SAMEIRO (BARRIO PARDIÑO Nº 66; SAMEIRO Nº 1, 64, 65, 66, 67)
Tanto dende a empresa subministradora como dende o Concello de Cambados, rogamos desculpen as molestias e informáselle aos usuarios afectados que para calquera aclaración ao respecto poden poñerse en contacto coa empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) no telefono 900 333 999