Exposición fotográfica: “Mariscadoras”, de Adrián Baúlde

O fotógrafo, Adrián Baúlde presenta “ Mariscadoras”, unha exposición fotográfica no exterior que pretende render homenaxe ás mariscadoras de Cambados que, cada día, centos delas desempeñan un labor calado, duro, sacrificado… Pouco agradecido e moitas veces invisible. Con esta serie de fotografías  preténdese concienciar da dureza do seu traballo, facelo visible resaltando todo o atractivo […]

Fefiñáns actívase co Mercado da Imaxe

Nesta fin de semana, o sábado 11 e o domingo día 12, a Praza de Fefiñáns, será a capital da oferta cultural, artesana e dos oficios emerxentes coa quinta edición do Mercado da Imaxe que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados. Seguindo o modelo de recuperación de Fefiñáns para usos públicos o […]

Eva Fernández presenta o seu novo disco, ‘Yo pregunto’, en Cambados. Neste traballo a banda pon música a versos de Storni, Pizarnik, Costafreda e Cortázar

O Concello de Cambados e o “Taller de Músics” farán posible a presentación de ‘Yo pregunto’ o próximo sábado 11 de agosto ás 21:00 no xardín da Biblioteca Luís Rei. Eva Fernández e o guitarrista Josep Munar compoñen sete dos temas do disco, acompañándose de Enric Fuster á batería. Elegante e innovadora. Co seu novo […]

MILLA URBANA E CICLISMO

A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 10 de agosto, a partir das 19:00 da tarde no Paseo Marítimo de Cambados, disputarase a XXVI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: @s nen@s de 10 […]

Kepa Junquera e a Orquestra de Jazz de Galicia actuarán no Albariño

O mércores 1 de agosto a praza d eFefiñáns acollerá o concerto de Kepa Junquera acompañado de varios artistas convidados, mentres que o venres 3 será o turno da orquestra de jazz de Galicia xunto con Martirio, Pedro Guerra e Uxía, nun espectáculo presentado por Xurxo Souto.

O Concello de Cambados celebra a II semana de ouro do Albariño do 23 ao 29 de xullo

O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración e celebran a segunda edición da Semana de Ouro do Albariño, que tivo un gran éxito en canto a participación na súa primeira edición. Nesta ocasión volve tratarse dunha actividade que se desenvolverá no campo de golf de Meis e […]

A Banda de Castrelo e Rosa Cedrón porán o peche á LXVI Festa do Albariño

O domingo 5 de agosto, na praza de Fefiñáns, a Banda de Música de Castrelo ofrecerá un concerto que servirá de fin de festa para a LXVI edición da Festa do Albariño, un evento que contará coa participación de Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro.