X RALLYE DO ALBARIÑO DE CLASICOS 2 E 3 NOVEMBRO “CAMBADOS”

Os vindeiros días 2 e 3 de Novembro, o Club Clásicos Salnés organiza o X Rallye do Albariño de Clásicos, xa o décimo aniversario do evento, e que como sempre parte da bonita vila de Cambados. O rallye constará de 280 kms aproximadamente, circulando por estradas da provincia de Pontevedra e de A Coruña. Vai […]

Actividades culturais nas parroquias

Dende de  Concellería de Cultura do Concello de Cambados e  dentro do programa, “Ler Conta Moito”, da Xunta de Galicia, ofertaranse varias actividades infantís e familiares para os vindeiros días. Con estas actividades  preténdese promover a lectura entre os máis pequenos e pequenas, espertar o seu gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a […]

Arranxo da Casa Natal Ramón Cabanillas

A Concellaría de Cultura do Concello de Cambados, informa que esta semana iniciouse a obra de arranxo da Casa Natal de Ramón Cabanillas que forma parte do proxecto xeral de musealización, realizado polo deseñador Pepe Barro, do legado do escritor que terá a súa principal actuación no edifico de  exposalnés. As obras correspondentes á Casa […]

VIII Xornada de cetrería no parque de Torrado

O parque de Torrado acolle este sábado 15 de setembro a oitava edición da xornada de cetrería, co seguinte programa: 10:30 Recepción de cetreiros 11:00 Mostra de material cetreiro / identificación de aves rapaces / iniciación á cetrería / uso da telemetría na cetrería 17:00 Paseo de placeo de aves de Torrado a Fefiñáns 20:00 […]

Plan Madruga 2018-19

O próximo 12 de setembro co inicio do curso escolar 2018-2019, nos colexios de Cambados, comezará o Plan Madruga. Por segundo ano consecutivo este servizo que ofrece a Concellaría de Cultura e Ensino  do Concello de Cambados, iniciarase ao mesmo tempo ca o comezo do curso escolar. Ademais por primeira vez o citado servizo realizarase […]

Presentación do poemario “o corpo en extinción”, de Xosé Mª Vila Ribadomar

O venres 31 de agosto, ás 20:00h, o xardín do Pazo de Torrado será escenario da presentación do poemario “o corpo en extinción”, de Xosé Mª Vila Ribadomar. No evento intervirán Patricia Torrado Queiruga (editorial Toxooutos), Emilio Ínsua (poeta, ensaísta e profesor) e Víctor Caamaño (concelleiro de Cultura)

I Carreira Festas da Valvanera

O paseo marítimo acollerá o sábado 8 de setembro, a parires das 7 da tarde, a I Carreira Festas da Valvanera, para nenos e nenas nados entre 2003 e 2015. As inscricións faranse o mesmo día d aproba de 17:00 a 18:30 ou nos teléfonos 659595613 (Ana) e 606150164 (Kinso). Organiza: Comisión de Festas da […]