O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración e celebran a segunda edición da Semana de Ouro do Albariño, que tivo un gran éxito en canto a participación na súa primeira edición.
Nesta ocasión volve tratarse dunha actividade que se desenvolverá no campo de golf de Meis e consiste en 5 días de competición independentes e clasificatorios, cada día está patrocinado por unha adega, e cada un dos días ten os seus propios premios que cada adega entregará na súas instalacións para que os participantes poidan coñecer a adega e degustar o Albariño de cada unha. A posterior, o día 29 celebrarase unha gran final na que tamén participarán todas as bodegas e na que competirán a metade dos participantes máis os 3 mellores tarxetas. O premio será unha folla de prata doada polo Concello de Cambados.
Con estas actividades o Concello de Cambados pretende dar a coñecer o Val do Salnés e que a xente se achegue a coñecer Cambados e que desfruten do enoturismo coñecendo tamén as adegas de Albariño.
O programa da semana será o seguinte:
- Día 23.- Bodega Paco y Lola
- Día 24.- Bodega Lagar de Pintos
- Día 25.- Adega Terra de Asorei
- Día 26.- Bodega Gran Bazán
- Día 27.- Bodega Martín Códax
- Día 29.- FINAL
As inscricións están abertas e en principio poden chegar até os 240 xogadores. Poden inscribirse no 986 68 04 00 ou en www.campodegolfmeis.com con prezos de:
- GREEN-FEE NON ABOADO SEMANA 75€
- ABOADOS SEMANA 50€
- PREZO POR DÍA ABONADO 20€
- PREZO POR DÍA NON ABOADO 30€
Para calquer consulta ou dúbida ao respecto por favor chamar ao 986 68 04 00 Campo de Golf Meis.