A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 10 de agosto, a partir das 19:00 da tarde no Paseo Marítimo de Cambados, disputarase a XXVI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: @s nen@s de 10 a 13 anos correrán 800m, @s de 14 a 18 anos, 800m, @s veteran@s (maiores de 36 anos) correrán unha milla (1609m), e a categoría absoluta (de 18 a 35 anos) unha doble milla (3218m). Para estes últimos haberá premios en metálico e trofeos e medallas para os primeiros clasificados de cada categoría.
O sábado, día 11 de agosto, será o día do ciclismo, posto que se disputa o L GRAN PREMIO CICLISTA DO ALBARIÑO. A partir das 17:00 da tarde e no circuito urbano de Cambados, tódolos siareiros poderán gozar do deporte do pedal con categorías dende cadete a xuvenil.