Le glamour du piano: recital de música francesa a cargo do pianista Ernest So

Este venres, 16 de novembro, ás 20:30 o auditorio da Xuventude será escenario dun concerto de música francesa a cargo do pianista Ernest So. A entrada será libre ata completar aforo e o programa será o seguinte: Chapitre I: Le maestro Claude Debussy (1862-1918): Clair de lune Voiles Puerta del vino   Chapitre II: L’influence […]

Conmemoración do cabodano de Ramón Cabanillas

O venres 9 de novembro conmemórase o cabodano do poeta Ramón Cabanillas. A xornada conmemorativa comezará ás 11:30 no IES Asoret coa entrega dos premios do I concurso de poesía “Cambados mar de letras”. Ás 18:00, Exposalnés será o escenario da presentación do proxecto museístico do legado Cabanillas por Pepe Barro. Ás 19:00, no paseo […]

A escola de música e o conservatorio celebran o Samaín

Os días 25, 26, 29, 30 e 31 de outubro o auditorio municipal da Xuventude convírtese no escenario no que as pantasmas e cabazas do Samaín combinarán música e sustos. O hall de entrada ao auditorio contará con actuacións de música e movemento, linguaxe musical e da aula de piano. Elixe ben o teu disfraz […]

CAMBADOS CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA 2018

O Mércores 24 ás 17:30 no Auditorio da Xuventude farase o acto coa lectura do Pregón “EL DÍA DE LA LUZ” de Gonzalo Moure, a entrega de agasallos ós “SUPER RATOS” das bibliotecas de Cambados e co espectáculo “O CARTEIRO EN BICICLETA” a cargo da Trastenda dos Contos (Público familiar)

“Conversas con Tana”, de Alejandro Guanella, de xira por Cambados

“Conversas con Tana” é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquia, onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa na que afloran diálogos delirantes como os que aparecen durante a presentación de ambos personaxes, ata desencadear en asuntos tales como El Quijote, a lectura, a alimentación en xeral… e outras […]