- O Concello de Cambados e o “Taller de Músics” farán posible a presentación de ‘Yo pregunto’ o próximo sábado 11 de agosto ás 21:00 no xardín da Biblioteca Luís Rei.
- Eva Fernández e o guitarrista Josep Munar compoñen sete dos temas do disco, acompañándose de Enric Fuster á batería.
Elegante e innovadora. Co seu novo disco, Yo pregunto, Eva Fernández pode engadir á ‘cantante’ e ‘saxofonista’, a palabra ‘compositora’, xa que compón xunto ao guitarrista Josep Munar sete dos temas que o integran.
Eva Fernández preséntase cunha proposta máis reducida cos mallorquíns Josep Munar á guitarra eléctrica y Enric Fuster á batería. Fernández e Munar adicaron un ano a escribir e dar forma a sete dos temas que forman o disco, mesturando as súas influenzas individuais ye as súas diferentes linguaxes baixo unha premisa ideolóxica común: menos é máis.
Tras as boas críticas do seu anterior traballo, That Darkness, a xoven promesa do jazz da un paso adiante na súa carreira, un paso natural e desexado, animándose á composición musical das súas propias cancións, man a man con Josep Munar. As notas brotaron inspiradas polos versos de grandes poetas ata reunir en Yo pregunto oito temas que conforman un repertorio doce, intimista e seductor.
Listado de poemas e temas de Yo pregunto.
- ‘Alfonsina y el mar’, adaptación. Música de Ariel Ramírez y letra de Félix Luna.
- ‘La caricia perdida’, Alfonsina Storni.
- ‘El viaje’, Alfonsina Storni.
- ‘Para leer de forma interrogativa’, Julio Cortázar.
- ‘Yo pregunto’, Alfonso Costafreda.
- ‘Origen’, Alejandra Pizarnik.
- ‘Más allá del olvido’, Alejandra Pizarnik.
EVA FERNÁNDEZ
Eva Fernández, a pesar da súa xuventude, xa acumula unha longa experiencia: forma parte da nova onda de xóvenes voces femininas saídas da canteira da Sant Andreu Jazz Band e do Taller de Músics. Tras Joan Chamorro presenta Eva Fernández (2013) e Joan Chamorro presenta La Màgia de la Veu, Eva publica That Darkness (2015), grabado baixo o selo discográfico de Taller de Músics e no que Eva Fernández compuxo un tema propio. David Pastor encargouse de reunir a banda que a acompañou, con él á trompeta, os pianistas Josep Lluís Guart e Alejandro Dicostanzo, o contrabaixista Miquel Àngel Cordero e o batería Toni Pagès. O seu último disco, Yo pregunto, víu a luz esta pasada primaveira.
Ata o de agora xa actuou con grandes figuras de la escea do jazz como Perico Sambeat, Dick Oatts, Ken Peplowski, Ignasi Terraza, Bobby Gordon, Jesse Davis, Terell Stafford, Wycliffe Gordon, Josep M. Farràs, Scott Robinson, Josep Traver, Matthew Simon, Llibert Fortuny, Carles Benavent o Jordi Bonell, e participou en proxectos diversos con Andrea Motis & Joan Chamorro Group. Tamén participou nos festivais de jazz de Barcelona, Terrassa, Porta Ferrada, Menorca, Roses, Vic y Xàbia (Valencia), entre outros.
Este ano a súa axenda de concertos levou a Eva Fernández á Seoul Music Week en Corea del Sur e ó mítico PizzaExpress Jazz Club dentro del London Catalan Festival.