Arranca este Xoves Santo a I Feira de Oportunidades de Cambados de Semana Santa. Terá lugar os días 29, 30 e 31 de marzo en horario ininterrumpido de 11 a 22 horas no Salón José Peña. Nesta primeira edición participan once establecementos socios, que ofrecerán descontos de ate o 70%. Ás xornadas contarán con diversas […]
Desde a súa creación no mes de xaneiro do 2017, Amicorum Musiace preséntase como un coro cun novo estilo, xurdido da amizade reencontrada dos seu máis de 90 membros tras moitos anos de dispersión, e que ademais constitúese como asociación musical coa fin, entre outras, de fomentar e difundir o patrimonio musical español e asturiano. […]
A Escola Municipal de Música e o Conservatorio Municipal organizan a vindeira semana as audicións de primavera, ás 18:00 e 20:00. Ademais, o xoves 22 ás 20:00 a Banda de Música Xuvenil ofrecerá o concerto “Músicas que soan na radio”
Este sábado, tamén pola mañá, a partires das 11:30h, na contorna do Muiño da Seca e na Praia de Pombal, vaise realizar unha campaña de Sensibilización Social e Ambiental por medio da Asociación sen animo de lucro Cáritas, para poderse anotar nesta Campaña pódese contactar co Centro San Cibran chamando ao número de telefono 627 […]
A praza do Concello de Cambados acollerá una concentración pola defensa de pensións dignas este sábado 17 de marzo ás 12:30. O concelleiro de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade, Tino Cordal, falou onte coa coordinadora e portavoz do Movemento pola Defensa das Pensións Públicas e da Coordinadora Estatal en Defensa do sistema público de […]
O venres 16 de marzo, ás 12:30 horas no edificio dos xulgados de Cambados (rúa Emilia Pardo Bazán) será descuberta una placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega polo smaxistrados D. Edgar Fernández Closs, Dª Carme Pose Amado e D Xoán Manuel Hermo Costoya nos xulgados do Partido Xudicial de Cambados.
No seguinte enlace pódese consultar a programación do espazo de exposicións de Torrado durante este 2018: Adxuntos progama folleto torrado 2018 (377 kB)
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín núm. 34/71GAL ás 11:34 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 120 km/h (S/W, S) que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Interior). Comezando nas primeiras horas do sábado día 10 e prolongándose ata a mañá do día […]
A Concellaría de Igualdade de Cambados organiza diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres, entre as que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña. O acto será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar […]