Actuación do coro Amicorum Musicae

Actuación do coro Amicorum Musicae

Desde a súa creación no mes de xaneiro do 2017, Amicorum Musiace preséntase como un coro cun novo estilo, xurdido da amizade reencontrada dos seu máis de 90 membros tras moitos anos de dispersión, e que ademais constitúese como asociación musical coa fin, entre outras, de fomentar e difundir o patrimonio musical español e asturiano.

A dilatada experiencia musical e coral dos seus membros permite a esta agrupación afrontar un variado repertorio baixo diferentes formatos, aínda que no momento actual está especializada en polifonía a capella.

Xunto á orquestra  Sinfonietta Concertante, e coa  colaboración de solistas de renome internacional, realizaron durante os meses de marzo a xuño de 2017 á Xira de Pascua, na que   presentaron a Misa de Réquiem KV 626, dirixidos polo mestre don Gaspar Muñiz Álvarez, con gran éxito de crítica e público. En maio do mesmo ano, e baixo a dirección de don Amaro González de Mesa,  presentéronse ao  público ovetense, cun programa de polifonía española, na igrexa Santa María La Real de La Corte.

Convidados pola Asociación Amigos de Silos,  participaron na XXI Edición do Septiembro Musical ofrecendo un concerto no Convento de San Francisco de Santo Domingo de Silos (Burgos). A primeiros de decembro e baixo a dirección de dona Julia Fernández González, participa na conmemoración do 60 Aniversario del Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas do Principado de Asturias ofrecendo un concerto na  Basílica de San Juan El Real de Oviedo, co título de “More Hispano: Un recorrido breve por oito séculos de polifonía española”. No nadal de 2017 e dirixidos por don Gaspar Muñiz Álvarez, interpretan “12 Panxoliñas Asturianas” para coro, solistas, piano e gaita, baixo a dirección de dona Julia Fernández González.

Na actualidade conta coa dirección musical de dona Julia Fernández González e como directores convidados coa participación de Gaspar Muñiz Álvarez, director da orquestra Sinfonietta Concertante de Oviedo, e de Amaro González de Mesa, actual director do coro de cámara Duque de Calabria e do Coro de la Universidad de Alcalá de Henares, así como da Sociedad Coral Excelentia, de Madrid.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.