Reciclar en Cambados ten premio!

A Tropaverde de Cambados, está activa na nosa vila! A partir de agora, podemos conseguir recompensas polas nosas boas accións medioambientais grazas aos negocios cambadeses participantes nesta iniciativa verde!No Punto Limpo a cidadanía poderá recibir os cheques da Tropaverde pola entrega dos seus residuos e que canxearán na web https://cambados.tropaverde.org/ e cos que conseguirán premios […]

PACTO DAS ALCALDÍA (PACES)

O Concello de Cambados forma parte da rede de entidades locais que comparten un obxectivo común reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro para o 2030 así como aumentar a resilencia do seu territorio fronte aos perigos derivados do cambio climático. Para isto, o Concello propón unha serie de medidas e estratexias a implementar […]

CAMPAÑA SEPARAR CON XEITO

O Concello de Cambados  invitou a cidadanía a participar na campaña ” Separar con Xeito” promovida por Ecoembes e a Concellería de Medio Ambiente mediante a colocación dunha carpa no mercado. A Concellería de Medioambiente quere promover esta iniciativa para mobilizar, concienciar e informar á cidadanía na importancia da separación selectiva dos residuos que se […]

PROGRAMA TERRACYCLE

O Concello de Cambados participa no programa de recollida de instrumentos de escritura ( bolígrafos, rotuladores, portaminas,borradores,marcadores, rotuladores fluorescentes, correctores líquidos) en diferentes puntos públicos a través de Terracycle. Este tipo de material será depositado nunhas caixas de cartón perfectamente identificadas nos puntos de entrada dos edificios públicos, que posteriormente serán enviadas a empresa de […]

Proxecto Libera: recollida de lixo no esteiro da Seca

O día 15 de Xuño as 11:00 da mañá o Concello de Cambados invita a cidadanía a participar no Proxecto LIBERA creado por SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes. A corporación local quere promover esta iniciativa para concienciar e mobilizar á cidadanía a manter os espazos naturais libres de lixo, mediante un encontro anual colaborativo no […]

Concellaría de Medioambiente: Novidades sobre refugallos, accións realizadas e novas propostas nos colexios municipais e novo convenio para a recollida de tóners de impresora e fotocopiadora

O vindeiro luns dia 3 de Xuño, darase a saída a unha serie de actividades ó aveiro do Dia Internacional do Medio Ambiente (5 de Xuño) e que dende a Concellaría de Medio Ambiente se plantexaron desenvolver nos colexios. Obradoiros con materias reciclados e a compostaxe serán os eixos fundamentais das diferentes propostas ofertadas. Ó […]

Acto divulgativo sobre a compostaxe

O vindeiro Sábado, dia 4 de Maio a partires das 9 h, farase un acto de divulgación e entrega de compost ós veciños e veciñas de Cambados. No párquing da praza da abastos se ubicará unha carpa onde o Mestre Composteiro xunto coa Técnica de Medio Ambiente Municipais repartirán bolsiñas de compost producidos nos Centros […]

“TERRACICLE”: COMPROMISO COA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

A recollida selectiva é a chave para rematar cos residuos e camiñar cara a unha economía circular que se identifique cunha cantidade de residuos cero. Nesa liña está a traballar o Concello de Cambados, tentando concienciar a veciños e veciñas de que a súa implicación nunha mellor reciclaxe  é imprescindible para conservar o bo estado […]

Comunicado da concellaría de medio ambiente

Carta Aberta a cidadanía: Estimado/a Veciño/a, A nova Directiva da Unión Europea [Dir (UE) 2018/851], publicada no BOE do 30 de Maio do 2018, comprométenos a implantar unha nova recollida selectiva antes do 31 de Decembro de 2020. Así pois, ademais de separar como xa facemos, os envases de plástico (contentor amarelo), de vidro (iglú […]