FEIRA DE SEMANA SANTA DO COMERCIO LOCAL

FEIRA DE SEMANA SANTA DO COMERCIO LOCAL

Arranca este Xoves Santo a I Feira de Oportunidades de Cambados de Semana Santa. Terá lugar os días 29, 30 e 31 de marzo en horario ininterrumpido de 11 a 22 horas no Salón José Peña. Nesta primeira edición participan once establecementos socios, que ofrecerán descontos de ate o 70%. Ás xornadas contarán con diversas actividades paralelas entre as que destaca unha ludoteca infantil.

O xoves 29 ás 12:30 horas no Salón de Exposicións José Peña,  realizarase a entrega dos premios aos agraciados na campaña do Día do Pai no transcurso da inauguración da Feira de Semana Santa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.