A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín núm. 34/71GAL ás 11:34 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 120 km/h (S/W, S) que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Interior). Comezando nas primeiras horas do sábado día 10 e prolongándose ata a mañá do día 11.
Para as primeiras horas da madrugada do domingo día 11 esta alerta LARANXA amplíase a Lugo (Mariña), Coruña (Interior) e Pontevedra (Miño).
Todas as zonas que non se vexan afectadas por este fenómeno quedarán en AVISO AMARELO a partir da media tarde do día 10 con refachos de ata 90 km/h.
Ademais, no boletín 104/71GAL, infórmase dun fenómeno adverso AMARELO por CHOIVAS en A Coruña (Suroeste) e todo Pontevedra, con precipitacións acumuladas en 12 horas de 40 mm. dando comezo a últimas horas da tarde do día 10. O episodio prolongarase o domingo con acumulacións que poden acadar os 180 litros entre os dous días.
A coincidencia xeográfica deste fenómeno con outros por tormentas e costeiros, pode facer que acontezan anegamentos puntuais en zonas de Pontevedra e Coruña (Suroeste, Oeste).
A tenor de todo o anterior RECOMÉNDASE:
- Evitar as actividades ao exterior.
- Evitar os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas.
- Recordar que co vento o mobiliario urbano puido terse desprazado e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación.
- Non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores.
- Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estradas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento.
- Retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
- Lembrar que o efecto de arrastre das chuvias pode provocar o desprendemento de terra e pedras.
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS:Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles Ante calquera emerxencia chame ó 112
- No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: aemet.es., do CIAE 112: www.axega112.gale de Meteogalicia: www.meteogalicia.es
Ademáis, dende a Federación Galega de Futbol, envíannos o seguinte comunicado:
Tódolos partidos dependentes da Delegacion de Pontevedra, designados para mañá Sabado e Domingo pola mañá, quedan suspendidos.
So se xogarán os partidos designados para o Domingo pola tarde.
Comunicase á sua vez que esta xornada disputarase o vindeiro xoves dia 29 de marzo, salvo solicitude doutra data alternativa acordada polos clubes contendentes.