Gala das mulleres o 11 de marzo no Salón de Congresos e Exposicións José Peña

Gala das mulleres o 11 de marzo no Salón de Congresos e Exposicións José Peña

A Concellaría de Igualdade de Cambados organiza diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres, entre as que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña.

O acto será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar un dos seús últimos libros “Herdeiras”, e tamén contará coa presenza de Beatriz Piñeiro da Asociación da Igualdade de Pontevedra. Na gala premiarase a traxectoria das mulleres viticultoras pertencentes a Unións Agrarias que están xubiladas e ás mozas.

Do mesmo xeito  haberá un premio para a muller máis lonxeva de Cambados que ten 100 anos e outro premio para a última empadroada no concello. Todos estes premios estarán acompañados de unha proxección audiovisual.

E como acompañamento musical contarase coa Asociación Xironsa e Pandereteiras Maiores.

No salón Jose Peña atópase parte da II Mostra Internacional da Camelia. E como a camelia representa a igualdade da muller, no mesmo día da Gala da Muller faranse entrega duns agasallos ás premiadas coa  Camelia de Ouro e a Camelia Artística.

Fátima Abal  quere agradecer á Asociación Ibérica da Camelia a colaboración obtida coa decoración deste evento e recorda que esta actividade é totalmente gratuita e anima a todas e a todos a participar da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.