TANXUGUEIRAS, MORAD E BENY JR ACTUARÁN NA LXX FESTA DO ALBARIÑO

TANXUGUEIRAS, MORAD E BENY JR ACTUARÁN NA LXX FESTA DO ALBARIÑO

O Concello de Cambados confirmou o concerto de Tanxugueiras na LXX Festa do Albariño, que terá lugar na Praza de Fefiñáns o martes 2 de agosto, ás 22:30 horas. A entrada será gratuíta ata completar aforo, pois o recinto da praza estará valado e haberá estritos controis de seguridade en todos os concertos.

Ademais, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Tino Cordal, dous dos artistas de música urbana máis exitosos do momento, Morad e Beny Jr, tamén formarán parte do cartel de concertos da LXX Festa do Albariño e estarán o mércores 3 de agosto na Praza de Fefiñáns.

Beny Jr será o primeiro en subir ao escenario da emblemática praza cambadesa e, unha vez remate o seu concerto, comezará Morad a súa actuación. A entrada dese concerto custará 5 euros (máis os gastos de xestión que serán como máximo de 1 euro) e poderase adquirir en ataquilla.com (onde tamén xa están á venda as entradas para o concerto de Nicky Jam do 29 de xullo). O Concello anunciará nos vindeiros a data exacta da saída á venda das entradas, que será en apenas un par de semanas.

BIOGRAFÍA DE TANXUGUEIRAS

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son Tanxugueiras, tres cantareiras para unha nova década. Só elas son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.
O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que xa as fixo triunfar en escenarios de varios países.

Aválanas éxitos como ‘Midas’, ‘Figa’, ‘Averno’ (colaboración con Rayden) ou ‘Terra’ (con máis de 11.000.000 escoitas nas plataformas dixitais a finais de xaneiro), tema co que se alzaron como as favoritas do público no Benidorm Fest, competindo por ir a Eurovisión con artistas como Rigoberta Bandini, Chanel, Varry Brava ou Javiera Mena. Todo formará parte do seu novo disco, que verá a luz neste 2022 e co que presentarán un potentísimo
show. Nel mostrarase a nova sonoridade creada pola banda, da que xa deron parte en directo en Manresa, Castellón, ou Porto e Setúbal (Portugal).
Son o son dun pobo internacionalizado. Son a cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun só. Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”

BIOGRAFÍA DE MORAD

“Cuidaíto, non vaias entrar a un mundo onde podes ver o que nunca poderías imaxinar”. Era marzo de 2019 e no seu segundo single, “Un Conto”, Morad lanzaba sen pretendelo o que terminou sendo unha profecía autocumplida. Dito é feito: desde entón non deixaron de pasar cousas inimaxinables no universo Morad, un fenómeno que contradi todas as normas non escritas sobre cal é o camiño que conduce ao éxito na industria musical actual. En tempos de algoritmos amaestrados, en tempos de campañas de márketing invasivas, o triunfo deste novo talento de L’Hospitalet de Llobregat é o triunfo da verdade. O truco do seu flow elástico co que salta do drill ao trap e do rap clásico ao UK garage é que non ten truco.

Sen unha discográfica detrás, sen soar nas radios, de maneira autoxestionada e orgánica, Morad conseguiu infiltrarse nos charts como un dos artistas máis escoitados do país. Casos como o seu demostran que, aínda que ás veces pareza que isto é unha partida coas cartas marcadas na que os gañadores están decididos de antemán, o público aínda ten poder para ditar o éxito: os 100 millóns de reproducións que sumou en 2020 con himnos por e para o barrio como “Motorola”, “Normal” ou “Yo No Voy” non menten.

Pero máis aló das cifras, o auténtico valor de Morad é posicionarse como a substitución que necesitaba a escena urbana española sen perder polo camiño o vínculo coas súas raíces. O seu impacto non se mide de verdade no contador de plays, senón a pé de rúa; soa no parque, no metro de volta do traballo, nos corredores do instituto ou cun novo single correndo por WhatsApp de móbil en móbil.

Toda unha xeración conectou ao instante con cada un dos seus lanzamentos porque Morad e o seu público comparten códigos e recoñécense como iguais. Novos tempos como os que vivimos demandan un novo tipo de estrela como Morad.

BIOGRAFÍA DE BENY JR

Beny Jr publica o seu primeiro tema en Youtube titulado «Chico de la calle» o 20 de abril de 2019. Aínda que se sabe que se dedica á música desde tempo antes, este é o tema público máis antigo da súa canle oficial. Posteriormente ese mesmo ano publica os temas «Estoy Cansado», «Maleante», «Fotos» e «Muévelo Así», pero foi co tema «# FreePeke» xunto a Morad co que empezou a soar en toda España, pois foi o seu primeiro tema que se viralizou e a día de hoxe conta con 10 millóns de visualizacións. En 2020 empezou a soar moito máis grazas a temas como «2+2», « Kawasaki», «Fajos», « Bubu Splash» con Morad, «Ella» e «Mariachi»; este últimos tres pertencen ao primeiro álbum de estudo de Beny Jr titulado « Trap and Love» publicado o 24 de xullo dese ano, un proxecto composto por un total de 11 temas. Case acabando o ano, o 30 de decembro publica «30«, o seu segundo álbum de estudo. Este novo proxecto componse de 12 temas entre os que cabe destacar «8 a. m», «Historias», « Fvrdxs», «No Miento», « K e B» con Morad e « Bobby». Deste ano tamén cabe destacar o tema «Mafioso». 2021 sería un novo ano de crecemento exponencial para Beny Jr. O 25 de xuño publica « Samurái«, un álbum en colaboración co produtor El Guincho. Neste proxecto composto de 12 temas podemos atopar «DVD Ting», «Fantasma», «Color Caramelo» e «Combo A L». Meses máis tarde, o 1 de novembro publica «50/50«, un novo álbum xunto ao produtor Steve Lean que se compón de 12 cortes entre os que temos «La Charla», « DEA», «Tolo», «Ronaldinho» e «Decathlon». Por último temos un terceiro proxecto estreado sempre en 2021, especificamente o 30 de decembro e titúlase “El Precio del Dinero”. Este é o seu quinto álbum de estudo e o máis recente ata a data e componse de 12 temas entre os que atopamos « B y la J», « Poroporop», «Doble Cara» e « Evil». De igual modo cabe mencionar a súa colaboración con Eladio Carrión para o tema « REDBULL».