PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS 2023 DE CAMBADOS

PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS 2023 DE CAMBADOS

LETRAS GALEGAS 2023 EN CAMBADOS

dedicadas a

Francisco Fernández del Riego

12-21 de maio

Exposición dos paneis sobre Francisco Fernández del Riego elaborados polos colexios e institutos de Cambados no Paseo da Calzada

Venres 12 de maio

10:30 Lectura de textos de Francisco Fernández del Riego por parte do alumnado dos centros de ensino cambadeses e actuación da Asociación Cultural BoudeBou no Paseo da Calzada

Domingo 14 de maio

21:00 Concerto de IALMA no Auditorio da Xuventude

Mércores 17 de maio

12:00 Ofrenda floral no monumento a Ramón Cabanillas no Paseo da Calzada

12:30 Concerto da Banda de Música de Castrelo no Parque de Torrado (en caso de choiva trasladarase ao Auditorio da Xuventude)

CONCERTO DE IALMA NO PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS DE CAMBADOS

A actuación será o domingo 14 no Auditorio da Xuventude. Haberá tamén un concerto da Banda de Música de Castrelo o 17 de maio

O grupo de pandeireteiras belgas fillas de emigrantes galegos realizan nestas Letras Galegas 2023 unha xira moi especial polo noso país. Estarán en Galicia dende o 13 ao 17 de maio, sendo Cambados unha das súas paradas. O concerto será o día 14 de maio, ás 21 horas, no Auditorio da Xuventude, con entrada de balde ata completar o aforo.

Co seu espectáculo “Ialma canta a Rosalía”, Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo contan a súa historia, que é a de tantos emigrantes. “O noso proxecto é, coma o de Rosalía, un horizonte de esperanza. Amamos a vida, a música, a poesía, a danza, a xente. Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir”, así definen este espectáculo co que tamén estarán en Ferrol e Salvaterra do Miño, ademais de Cambados. A banda vese reflectida e identificada en Rosalía. “Os nosos avós e pais contáronnos pouco a pouco con moito medo os seus sufrimentos pero tamén o amor polo seu país. Transmitíronnos valores como o de falar a nosa lingua, considerada na época un dialecto. Tentaron sempre gardar e ensinarnos os seus costumes galegas. Os cantares sempre foron presentes como unha forza do porvir”, contan. Nestas letras galegas realizan unha viaxe moi emocionante á terra dos seus pais para dar unha xira moi especial.

Sobre IALMA

Durante máis de 20 anos, as cantareiras de IALMA cantan e tocan ao seu país de orixe en todo o mundo. Dende os seus inicios e “Palabras Darei”, o seu primeiro disco, percorreron moitos camiños. Camiños nos que se cruzaron con grandes artistas como Dulce Pontes, Carlos Nuñez, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Eliseo Parra, pero tamén Arno, Zefiro Torna, Philippe Catherine, Renaud, Lucilla Galeazzi, Leila Amezian, Manou Gallo, Carlo Rizzo, Quentin Dujardin, Dick Van der Harst, Urban Trad, Fabrizio Cassol, N’Faly Kouyaté ou Perry Rose. A cultura musical e as tradicións galegas son as súas fontes de inspiración inesgotables que lles permitiron construír, pouco a pouco, un amplo repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á súa vida diaria: a das mulleres de hoxe.