A ESCOLA DE EMPODERAMENTO DOLORES DEL VALLE INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES CUN OBRADOIRO SOBRE LIDERADO FEMININO

A ESCOLA DE EMPODERAMENTO DOLORES DEL VALLE INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES CUN OBRADOIRO SOBRE LIDERADO FEMININO

A “Escola de Empoderamento Dolores del Valle” de Cambados inicia as primeiras actividades propiamente ditas despóis da súa presentación oficial o pasado 11 de febreiro.

En concreto, será un Obradoiro sobre “Empoderamento e Liderado Feminino” que terá lugar o día 25 de marzo, como parte do programa conmemorativo do 8M deseñado pola Concellería de Igualdade de Cambados.

A actividade, a primeira das tres previstas nos próximos meses, desenvolverase de 19 á 21 horas no Museo do Viño e será impartida pola Formadora Experiencial Eliana Oliveros.

A sesión formativa terá un aforo máximo de 50 participantes, polo que é necesaria a inscripción previa a través do correo escoladv@cambados.es.

A data límite de inscripción será o martes 23 de marzo ás 14 horas ou ata completar aforo.

A Concelleira de Igualdade, Fátima Abal, explica que as persoas asistentes “poderán desenvolver habilidades de autoliderazgo feminino, estimulando a confianza e o autocoñecemento, de xeito que sexa o inicio dun proceso propio e constante de formación, reflexión, motivación e empoderamento, estimulando a confianza e o autocoñecemento”.

Así, segundo indica a formadora Eliana Oliveros, “durante a sesión abordaranse nocións sobre cómo identificar, comprender e xestionar as emocións co fin de desenvolver as principais fortalezas persoais. Todo elo nun ambiente lúdico, vivencial e práctico no que as participantes aprenden das súas propias experiencias”

Eliana Oliveros é Coach certificada por ICF (Organización Internacional de Coaches), Profesional de Programación Neuro Lingüística, economista e motivadora de alto impacto experta en liderazgo femenino.

Está especializada en procesos de cambio, xestión do talento, comunicación, liderazgo e transformación de equipos. Atesora máis de 15 anos de experiencia acompañando e formando a directivos, empresarios e comerciais de empresas nacionais e multinacionais como Volkswagen, Campofrío, Media Markt, Sol Meliá, CaixaBank, Banco Santander e Seguros Asisa entre otros.