SERVIZOS SOCIAIS PROGRAMA CLASES DE IOGA EN CAMBADOS

SERVIZOS SOCIAIS PROGRAMA CLASES DE IOGA EN CAMBADOS

A concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, que dirixe Tino Cordal, programa a realización de clases de ioga para adultos en Cambados. As sesións iniciaranse o vindeiro 3 de outubro e terán lugar na sala de exposicións do Salón de Congresos e Exposicións José Peña.

Haberá clases dous días á semana, martes e xoves, con dous horarios diferentes: un primeiro nivel de iniciación, das 18:45 ás 20 horas; outro nivel avanzado, das 20 horas ás 21:15; e, finalmente, outro de iniciación, das 21:15 ás 22:30 horas.

A actividade está dirixida a calquera persoa, sen límite de idade, aínda que soen ser adultos os que precisan desta modalidade de exercicios de meditación e relaxación debido a diversos factores como o estrés. Con todo, non é preciso ter preparación nin coñecementos previos, nin tampouco unha condición física especial.

A concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade xa organizou actividades destas características o ano pasado. Así, celebráronse charlas, exercicios e xogos orientados cara ao benestar mental e persoal no salón de actos de ExpoSalnés e no Salón de Congresos e Exposicións José Peña.

Para asistir a estas clases prácticas de ioga soamente se necesita levar roupa cómoda e unha esterilla. As persoas que desexen inscribirse ou obter máis información ao respecto desta actividade poden chamar ao seguinte número de teléfono: 675 580898.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.