CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO

O xoves 28 de setembro, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA

I PARTE RESOLUTIVA

1º.- Aprobación das actas das sesión ordinarias celebradas os días 30 de marzo e 28 de abril de 2017.

2º.- Aprobación, se procede, da conta xeral do exercizo de 2016.

3º.- Aprobación inicial, se procede, do Orzamento Xeral do Concello de Cambados para o exercizo de 2017.

4º.- Fixación dos festivos locais para o ano 2018.

II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO

5º Acordo do grupo de goberno instando ao Servizo Galego de Saúde á apertura inmediata do terceiro andar do Hospital do Salnés

6º.- Dar conta do informe de intervención dos acordos adoptados contrarios ao seu informe, así como do resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos

7º.- Dar conta das resolucións da alcaldía

8º.- Rogos e preguntas

 

A sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.


Descargar: DECRETO 2017-0234 [convocatoria pleno].pdf