O Concello de Cambados e Viaqua aúnan esforzos por un fin social e sustentable

O Concello de Cambados, xunto á empresa xestora do Ciclo Integral da auga, Viaqua, poñen en marcha o proxecto “Factura Sen Papel”, unha iniciativa coa que se busca por unha banda, facilitar o día a día nas xestións aos cidadáns de Cambados e por outra, facer o servizo máis sustentable e socialmente responsable.

EXCURSIÓN A ONS E SÁLVORA PARA OS MAIORES CAMBADESES

A concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade que dirixe Tino Cordal está a organizar unha excursión marítima gratuíta ás illas Ons e Sálvora. A viaxe realizarase, en principio, o vindeiro 7 de xuño, aínda que é posible que a data sexa modificada en caso de que as condicións meteorolóxicas motiven un cambio de […]

A nena que quería navegar

AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS MARTES, 15 DE MAIO 19:00h Entrada Normal: 3.50€ Entrada Reducida: 2.50€ (pensionistas, xubilados, desempregados, estudantes, maiores de 65, menores de 18) A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura […]

Xornada técnica: novas tendencias e procesos na elaboración de viños

Nos derradeiros anos os viños galegos sobresaen nos mercados tanto nacionais coma internacionais fundamentalmente pola explotación das variedades cultivadas nos nosos viñedos, as nosas variedades autóctonas, que conforman un patrimonio varietal gardado e utilizado para a reestructuración do viñedo en Galicia. As denominacións de orixe galegas así como as indicacións xeográficas protexidas utilizan de xeito […]

XXIX Maratón Popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño Castro)

O domingo 13 de maio dispútase o XXIX Maratón Popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño Castro), que sairá ás 11:30. A lonxitude do circuíto será de 5km, e na categoría absoluta de 10 km. Haberá 9 categorías segundo as franxas de idade. Entregarase un trofeo para o primeiro clasificado de cada categoría dos distintos sexos […]

Presentación do libro “Galiza, un país de primeira” de Adela Leiro e Mon Daporta

O sábado 12 de maio, ás 20:30 h no Auditorio Municipal da Xuventude, preséntase o libro “Galiza, un país de primeira” de Adela Leiro e Mon Daporta, a beneficio da asociación galiciAME. O acto contará coa actuación de Xaquín, Anxo e Roi Xesteira.

Cambados dótase co fondo María Victoria Moreno

A concellería de Cultura do Concello de Cambados ven de facerse cun fondo bibliográfico de cincuenta obras da escritora á que Galicia lle dedica as Letras do ano 2018, María Victoria Moreno. Profesora, escritora, tradutora, filóloga, bibliófila e libreira… a importancia da homenaxeada coas Letras galegas deste ano non lle foi allea aos libreiros de […]

Convocatoria de pleno extraordinario para a aprobación inicial, se procede, do orzamento para o exercicio 2018

O xoves 10 de maio, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria coa seguinte orde do día: Aprobación inicial, se procede, do Orzamento para o exercicio 2018 (Expte. 543/2018) Adxuntos 1cYGRw5kUxnP3q6DjvJONpDcMLxfi0VUUg-vJApkayTKSf0pkd2eTtHcdTq22s2Vw0RBD_DBS7fX_v4aY5jIZHoQSHo0KICFBocdzC8hxRh6FtzddlrDVH4YheUokBc5xrMxke-VITOSXTbrhm0U7w (518 kB)

Visita guiada con Soledad Penalta

O sábado 12 de maio, ás 12:30 no espazo de exposicións de Torrado, Soledad Penalta estará con nós para percorrer os segredos da súa exposición “cal é a carga precisa da pregunta?”. Para inscribirse na actividade, poden facelo a través do correo pazotorrado@gmail.com (prazas limitadas). A exposición pódese seguir visitando da forma habitual ata o […]