III tríatlon popular Concello de Cambados

Data de celebración: Sábado 16 de xuño de 2018 Horarios das probas: Saída: 17:00h A saída será nas inmediacións do illote de San Sadurniño. O primeiro sector consistirá en 0,750 km de natación nun percorrido balizado dende as inmediacións do illote de San Sadurdiño ata a praia de Santo Tomé. A saída será as 17:00h.Os […]

A alcaldesa Fátima Abal clausura o curso AFD no centro sociocultural da Mercé

A alcaldesa Fátima Abal clausurou coa entrega dun certificado de profesionalidade nivel 1 o curso que viña impartindo desde finais de febreiro deste ano, este curso tivo unha duración de 318 horas nas cales están incluídas 80 horas de practicas, que serviron para tomar contacto directo co aprendido durante estes meses. Nesta ocasión beneficiáronse deste […]

4ª xuntanza de bandas xuvenís Cambados 2018

O domingo 10 de xuño, o salón Peña acolle a cuarta xuntanza de bandas xuvenís, que contará coa Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Cuntis (dirixida por José Varela), as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS Municipais de Cambados (dirixidas por Daniel Filgueira) e coa actuación especial da Banda de Música de Castrelo […]

CHARLA EN CAMBADOS SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE EN TELEFONÍA E INTERNET.

O Concello de Cambados continúa enchendo de contidos o programa “Cambados Emprende”. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción Económica organiza para o próximo 14 de xuño unha charla aberta sobre telefonía e internet destinada a emprendedores e veciños en xeral. Será en Exposalnés ás 20.30 horas e a asistencia é gratuita previa inscripción no correo […]

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL SOBRE O CONFLITO DA MEGAMINA EN TOURO E O PINO, ‘A AMEAZA DO COBRE’

“Por unha banda dinche que veñas ao rural, e por outra estanche cortando o teu medio de vida. Non sei a quen queren enganar”. A frase é dun dos gandeiros protagonistas do documental Touro – O Pino. A ameaza do cobre. No filme, de case unha hora de duración, abórdase o conflito xurdido nestes dous […]

A EXCURSIÓN A ONS PARA MAIORES DE 60 ANOS ADÍASE AO DÍA 14

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión gratuíta a Ons para maiores de 60 anos. A excursión estaba prevista para este xoves 7 pero debido ás condicións meteorolóxicas adíase ata o vindeiro 14 de xuño. O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do […]

CURSO SOBRE O NOVO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS

O pasado 25 de maio entrou en vigor o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Trátase dunha nova regulación de ámbito europeo do tratamento dos datos que manexan as empresas e que, entre outras novidades, contempla multas que poderían chegar ata o 4% do volume de negocio anual da empresa. Por elo, desde o […]

Convocatoria do pleno ordinario de maio

    O xoves 31 de maio, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Aprobación das actas anteriores: 30.08.2017 ordinaria; 28.09.2017 ordinaria; 30.10.2017 ordinaria; 05.12.2017 ordinaria; 28.12.2017 extraordinaria, ordinaria e extraordinaria; 25.01.2018 ordinaria; e […]