RESOLUCIÓN DE SOLICITUDES ADMITIDAS E DENEGADAS PARA O PLAN MADRUGA 2016/2017

RESOLUCIÓN DE SOLICITUDES ADMITIDAS E DENEGADAS PARA O PLAN MADRUGA 2016/2017

Resolución das solicitudes admitidas e denegadas para o Plan Madruga – Os primeiros de cole para este curso escolar.

Das 150 solicitudes recibidas, aceptáronse un total de 138. Das 12 non admitidas, 5 correspóndense co colexio de Corvillón que non reúne o mínimo de nenos e nenas necesario (10) e as restantes 7 non cumpren a premisa de estar traballando actualmente ou nun futuro próximo os dous conxuxes. De todos os xeitos, a estas persoas emprazáselles a contactar de novo ca Concellería de Cultura tan pronto como precisen realmente o servizo para estudar o caso e ver a dispoñibilidade de inclusión.

O colexio con maior demanda é o de San Tomé con 71 admitidos, seguido de o da Pastora con 26, Magariños con 20, Vilariño con 11 e Castrelo con 10.

Recórdaselles a todos os pais e nais que este servizo dará comezo o vindeiro luns 3 de outubro nos centros educativos indicados.


Descargar: RESOLUCION DE SOLICITUDES ADMITIDAS PLAN MADRUGA 2016-2017.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.