CAMBADOS COMPLETA A PROGRAMACIÓN DE CULTURA NO CAMIÑO 2016 CO ESPECTÁCULO DE MAXIA ANIMAGICUS

CAMBADOS COMPLETA A PROGRAMACIÓN DE CULTURA NO CAMIÑO 2016 CO ESPECTÁCULO DE MAXIA ANIMAGICUS

Concello de Cambados ofrecerá, este domingo 25 de Setembro na Praza do Concello, a actuación da compañía de maxia “Duende Sico” e o seu espectáculo Animágicus.

Este ciclo de Cultura no Camiño 2016 que se iniciou co concerto de Roi Casal no mes de Agosto completase coa actuación da Compañía de Maxia “Duende Sico” e o seu espectáculo Animágicus.

A Praza do Concello acollera este Domingo 25 de Setembro as 19:00 un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, trucos, bromas, sorpresas, interacción co público, música en directo, títeres máxicos, varas sorprendentes, espadas encantadas, cordas tolas, cartas xigantes…. Que en caso de choiva trasladarase o Auditorio Municipal da Xuventude.

Esta actuación acóllese dentro do programa “Cultura no Camiño 2016” que se desenrola grazas a colaboración do Agadic e a Axencia de Turismo de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.