“QUE FAGO DA MIÑA VIDA?”: XORNADAS DE INTERACCIÓN XUVENIL

“QUE FAGO DA MIÑA VIDA?”: XORNADAS DE INTERACCIÓN XUVENIL

“Que fago da miña vida?” é o título dunhas xornadas de interacción xuvenil organizadas pola agrupación Efervescencia Mental. Estas xornadas terán lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro no Auditorio da Xuventude, e buscarán poñer en contacto a xóvenes de diferentes ámbitos para intercambiar experiencias e mesmo emprender proxectos conxuntos.

Para participar será necesaria unha inscripción previa. Hai 30 prazas dispoñibles. Nembargantes, a entrada ao QFDMV Show, espectáculo de variedades en directo que se celebrará o sábado pola tarde, será aberta.

O proxecto foi gañador do premio Iniciativa Xove da Xunta e está levado a cabo polo grupo informal Efervescencia Mental, formado por Leticia García, Bárbara Abal, Lorena Prieto, Alberto Domínguez e Eduardo Apariz.

Colaboran no proxecto a Xunta de Galicia, Iniciativa Xove e o Concello de Cambados.

As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: efervescenciamental@gmail.com ou da páxina de facebook: www.facebook.com/quefagodaminavida