Hoxe Luns 23, ás 12:00 horas, no Salón de Exposicións José Peña de Cambados, levouse a cabo o acto de entrega dos premios do concurso de debuxo “Postáis do Nadal” 2019.
Na edición deste ano os gañadores foron:
- 1º premio: Gabriela Chaves Oubiña de 6º curso do colexio de CEP Antonio Magariños.
- 2º premio: Carla Martínez Torres de 6º curso do colexio CEIP de Corbillón
- 3º premio, Nora Galiñanes Otero de 1º curso do colexio CEIP de Sant Tomé.
Recordámosvos que o Campamento Urban do salón José Peñá estará aberto ata o dia 3 de xaneiro (excepto domingos e festivos), en horario de mañán e de tarde.
Entre as actividades que se realizarán, ademáis dos diferentes talleres e inchables, cabe destacar:
– Luns 23 ás 17:00 horas: actuación dos Bolechas
– Martes 24: Visita de Papá Noel, na que os nenos poderá disfrutar dun recorrido no Tren polas rúas do Concello acompañados de Papa Noel.
– Tódolos días: xogos de realidade virtual e Escape Room “Orient Express” (actividade a partir de 12 anos, os menores de 12 anos poden participar se están acompañados de adultos).
– Martes 31: Festa de Fin de Ano coas 12 badaladas e os lacasitos da sorte.
– Venres 3 de xaneiro: a partir as 18:00 horas, Festa de Fin de Campamento con Baile Infantil e Chocolatada.
Recordarvos igualmente, que o sábado 11 de xaneiro terá lugar o sorteo da campaña comercial da asociación Cambados Zona Centro, que se desarrolla en conxunto coas restantes asociacións de comerciantes do Salnes que forman o Consorcio do Comercio do Salnes, e que na edición deste ano sortean un total de 8.000 euros en vales compra.
Aproveitamos a ocasión así mesmo para desexarvos un Bo Nadal e un ventureiro ano novo.