A CABALGATA DE REIS DE CAMBADOS REPARTIRA 700 QUILOS DE CARAMELOS

A CABALGATA DE REIS DE CAMBADOS REPARTIRA 700 QUILOS DE CARAMELOS

Os Reis Meigos percorrerán este Domingo as principais rúas do centro de Cambados para saudar aos máis pequenos e ata recoller algunha carta de desexos de última hora. Cada un contará co seu carroza e o Concello xa as ten listas para que todo saia perfecto nese día. Ademais, como xa é tradición, a asociación Volandeira tamén creou unha montaxe especial para a ocasión e non faltarán os caramelos. O Concello comprou 700 quilos, pero tamén se farán entregas nas cabalgatas das parroquias.

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á capital do albariño pola mañá e nas súas axendas teñen actos previos antes da gran cabalgata da tarde. Así, ás 11:30 haberá unha recepción oficial na Casa Consistorial, na que chegaran a Cambados en Mercedes clásicos dende oriente, e contará coa presenza de autoridades locais e o grupo de gaitas BoudeBou de Cambados. Os nenos que queiran asistir poderán acceder ao salón de plenos, aínda que non se descarta que saian ao exterior.

Saída dende San Tome e remate en Fefiñans, accesible  e sen fogos.

Posteriormente, as súas Maxestades de Oriente retiraranse a descansar ao Asilo de Cambados, onde xa se atopan as carrozas coas que logo percorrerán as principais rúas do centro urbano. O itinerario será o mesmo que o ano pasado saíndo ás 17:00 horas dende a Escalinata de Santomé despois de facer a visita os Reis Magos aos nosos maiores, e ten previsto rematar ás 18:30 horas na Praza de Fefiñans, onde se vai facer a habitual recepción dos nenos e nenas de Cambados, e iran acompañados da música das Asociacións Con de Xido, Volandeira, Xironsa, BoudeBou e a Banda de Música de Castrelo.

As tres carrozas nas que viaxarán xa están no histórico inmoble e a temática mantense en segredo, para que sexa unha sorpresa, pero este ano a Cabalgata vai contar gracias ao Obradoiro de Emprego de menores de 30 anos “Cambados Emprende”, coa visita da heroína Lady Bug, Ana e Elsa protagonistas da película Frozen, o famoso fontaneiro Mario Bross, as Xenías Xemelgas Shimmer e Shine, os membros de Patrulla Canina Chasse e Skye, do fondo do mar nos visitara Bob Esponja e tamén participara chegado dende Disney o rato Mickey Mouse. Na comitiva e nas recepcións que se fagan nas parroquias, repartiranse máis de 700 quilos de caramelos, aptos tamén para celíacos, entre os asistentes. A Cabalgata de Reis de Cambados será un evento libre de barreiras para as persoas con mobilidade reducida, que poderán presenciar o desfile da comitiva real nas mellores condicións.

Para facilitar a visualización do multitudinario evento, o Concello habilitará unha plataforma elevada reservada para as persoas que precisan de cadeira de rodas ou con mobilidade reducida. A plataforma instalaranse na Praza de Fefiñans onde rematará o percorrido da Cabalgata e se fará a recepción real, Cabalgata que por primeira vez nesta edición non contara con fogos de artificio para evitar os problemas que sofren neste tipo de eventos os nenos con problemas de autismo e os animais.