Dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán
12-19 de maio
Exposición dos paneis sobre Florencio Delgado Gurriarán elaborados polos colexios e institutos de Cambados no Paseo da Calzada
Venres 13 de maio
10:30 Recitación de poemas de Florencio Delgado Gurriarán por parte do alumnado dos centros de ensino cambadeses e actuación da Asociación Cultural BoudeBou no Paseo da Calzada
Domingo 15 de maio
12:00 Pasarrúas das asociacións culturais Volandeira e Xironsa
13:00 Actuación das asociacións culturais no Paseo da Calzada
19:00 A Miña Lingua A Túa Lingua, teatro musical infantil no Auditorio Municipal da Xuventude a cargo da compañía Oviravai, dentro do Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia
Luns 16 de maio
22:00 Concerto de Xoán Silva e Blas, acompañados por Anxo Xesteira e José María Trigo na rúa Isabel II
Martes 17 de maio
12:00 Ofrenda floral no monumento a Ramón Cabanillas no Paseo da Calzada
12:30 Concerto da Banda de Música de Castrelo no Paseo da Calzada (en caso de choiva no Auditorio Municipal da Xuventude)