O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O PLAN MADRUGA DO CURSO 2022-2023

O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O PLAN MADRUGA DO CURSO 2022-2023

O servizo mantén un custe total de 40 euros por todo o curso e xa se poden retirar as solicitudes na Biblioteca Luis Rei

O Concello de Cambados volve a poñer en marcha un ano máis o Plan Madruga “Os/as primeiros/as do cole” durante o curso 2022- 2023, un programa dirixido ás familias que, debido ás súas obrigas, teñen

dificultades para poder deixar aos seus fillos e fillas á hora de entrada no colexio.

O servizo dará cobertura a todos os colexios de Educación Infantil e Primaria de Cambados dende o mes de setembro e durante todo o curso lectivo, sempre e cando se acade un mínimo de 10 escolares participantes.

Así, dende as 7.45 horas os monitores designados en cada centro atenderán ao alumnado con actividades e xogos ata o comezo das clases ás 9 horas.

A concelleira de Educación e atención á Infancia, Fátima Abal, sinala que durante os últimos anos vense percibindo un claro incremento do número de adscritos ao Plan Madruga, chegando no presente curso a máis de 220 escolares participantes, o que demostra que, xunto aos comedores escolares son medidas complementarias e imprescindibles para facilitar a conciliación laboral dos proxenitores.

O servizo ten un custe total por cada neno ou nena de 40 euros por todo o curso escolar ou a cantidade proporcional aos meses solicitados. As familias interesadas en acollerse ao Plan Madruga deben cubrir a solicitude correspondente que xa está a súa disposición na Biblioteca Municipal Luís Rei.

O prazo de presentación das instancias ábrese o 2 de maio e rematará o 10 de xuño, debendo constar nas mesmas o número de conta onde se efectuará o cargo.

O horario de atención ao público para as inscripcións será tamén na Biblioteca Municipal, previa cita, en horario de 15:30 a 20:30, debéndose presentar a solicitude cuberta e a documentación requerida, entre ela un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso deste servizo.

De non cubrirse as prazas, poderanse atender as peticións puntuais nas que as circunstancias familiares así o esixan, como ter persoas maiores ao cargo, ou atencións médicas continuadas, debendo achegar igualmente a xustificación correspondente.

Darase prioridade a aquelas familias nas que traballen os dous proxenitores e precisen deixar aos seus fillos/as todo o curso escolar dende as 7:45 e ata o comezo das clases.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.