Intercambio xuvenil a Venecia

Intercambio xuvenil a Venecia

A Mancomunidade do Salnés informa da convocatoria de  prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén a Mancomunidade con distintas entidades noutros países.

O obxectivo deste intercambio é o de facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.

Datas de realización do intercambio: do 2 de setembro ao 9 de setembro de  2018

Prazas: 10

Lugar de realización do intercambio: Na cidade de Venecia

Destinatarios: mozos e mozas residentes en  calquera concello dos que forman parte da Mancomunidade de O Salnés con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.

O prazo para presentar un candidato finaliza o xoves 12 de xullo de 2018.

Unha vez teñamos os candidatos, farase unha reunión para concretar datos dos billetes de avión e loxística.

 

Formulario con toda a información e as bases para levar a cabo a selección:

DATOS QUE DEBEN FIGURAR NO FORMULARIO

Nome e Apelidos

Domicilio

Código Postal

Data Nacemento

Teléfono móbil                                            Teléfono fixo

Email

 

Cobertura do intercambio:

Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple

Transporte no ámbito do intercambio

Actividades organizadas pola entidade de acollida:

– Coñecemento da entidade de acollida.

– Percorrido cultural polos principais monumentos e museos de Venecia etc.

 

Será a cargo do/a participante:

Os gastos de desprazamento desde Galicia ata o lugar do intercambio. (Billete avión)

A obtención do Cartón Sanitario Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.

 

Dende o Concello de Cambados informamos ás persoas interesadas de que poden enviar as súas solicitudes a través do correo electrónico alcaldia@cambados.es ou ben de maneira presencial na secretaría de alcaldía antes do martes 10 de xullo, data na que se realizará un sorteo público ás 12:30 no salón de plenos do Concello.

Comments (1)

Deixa una resposta a Raquel González Betanzos Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.