CAMBIO DE SENTIDO NA AUTOESCOLA EN CAMBADOS

CAMBIO DE SENTIDO NA AUTOESCOLA EN CAMBADOS

O xoves, día 5 de xullo de 2018, levamos a cabo este Programa preventivo na Autoescola Sueiro. Realizaremos 1 actividade formativa, dirixida á poboación que está preparándose para a obtención do permiso de circulación. O horario de inicio está programado ás 11:30h.

A xustificación deste tipo de intervención parte da alta incidencia do alcohol e outras drogas na sinistralidade do tráfico. O consumo de alcohol constitúe un destacado factor de risco nos accidentes de tráfico e lesións asociadas aos mesmos. Un 12% dos condutores de turismos en España consume alcohol antes de conducir.

Segundo o último Balance de Seguridade Vial 2017, en España no ano 2017, rexistráronse 1.067 accidentes mortais en vías interurbanas (28 máis que no ano 2016) nos que faleceron 1.200 persoas e 4.837 precisaron de hospitalización. En Galicia producíronse 77 vítimas mortais.

Segundo o Informe Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses do ano 2016, o 43% dos condutores falecidos presentaban resultados positivos a algunha substancia psicoactiva. O alcohol aparece presente nun 29,5% dos casos, drogas ilegais nun 15,5% (sendo as máis consumidas o cannabis e cocaína) e psicofármacos, no 10,5%. No caso dos peóns ou viandantes falecidos en accidentes de tráfico, o 31,74% presentaban tamén resultados positivos dalgunha substancia.

Galiza é unha das comunidades con máis controles positivos en drogas, só por detrás de Andalucía e a Comunidade Valenciana. No ano 2016, un de cada tres condutores responsables dun accidente mortal (falecido ou ferido) en Galiza, dou positivo en alcohol (taxa de alcoholemia por encima de 0,25 mg./l) ou consumiu algunha outra substancia psicoactiva.

 Nas sesións formativas abordaranse os seguintes CONTIDOS:

– Introdución ao tema da seguridade vial, o alcohol e outras drogas.

– Descrición da situación actual do consumo de alcohol.

– Ilusión da invulnerabilidade.

– Uso-abuso: “uso racional do alcohol”. Conceptos básicos sobre o alcohol (qué é o alcohol?; tipos de ​bebidas e gradación alcohólica, unidades de bebida; mitos e crenzas; metabolización e eliminación do ​alcohol; efectos e riscos do se uso/abuso; alcoholemia (taxa de alcohol no sangue)).

– Alcohol e condución.

– Recomendacións (establecendo límites) en caso de ter pensado beber alcohol (que facer e que non facer).

– Medicamentos, outras drogas e condución.

– Lexislación sobre o alcohol e condución (infraccións asociadas co seu consumo).

 Obxectivos xerais:

1.-Mellorar a información dos alumnos/as das autoescolas en relación ós riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas.

2.-Incrementar a percepción de “vulnerabilidade persoal” derivada da condución dun vehículo tras consumir alcohol ou outras drogas.

3.-Reducir o número de accidentes viarios entre os mozos/as nos cales interveñen o alcohol e outras drogas.

4.- Reducir o número de lesionados e mortos en accidentes viarios entre a mocidade nos cales interveñen o alcohol ou outras drogas.

5.-Promover actitudes e condutas máis seguras e responsábeis na condución de vehículos entre a poboación que se está a preparar para obter o permiso de circulación nas autoescolas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.